Liberan a un raposo atrapado nun lazo en Agolada
- ecosdacomarca

- 13 feb 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
O alcalde de Agolada, Luis Calvo, e o seu irmán Jesús atopábanse esta mañá dando un paseo pola parroquia agoladesa de Esperante cando viron a un raposo que precisaba axuda. Este estaba atrapado nun lazo.
Inmediatamente, Jesús procedeu a liberalo. "É triste ver un animaliño nestas condicións. Pido que non se poñan lazos que fan daño á naturaleza", recalca o mandatario.
Cabe mencionar que o lazo é unha trampa prohibida pola Lei de caza de Galicia.







Comentarios