top of page

Leyda Ramírez, Amaral Rincón e Luz Oro quedan á fronte da directiva de Aranes de Lalín

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A Asociación de Rapaces e Amigos de Necesidades Especiais atende neste momento a usuarios de 10 a 27 anos e a día de hoxe ofrece atención a 11 familias


Laura Moure/Deza

No ano 2015 nacía en Lalín Aranes: A Asociación de Rapaces e Amigos de Necesidades Especiais. Neste momento atende a usuarios de 10 a 27 anos e acaba de cambiar de directiva. Neste caso, póñense á fronte outras tres mamás coraxe: Leyda Ramírez como presidenta; Amaral Rincón Ramírez como secretaria e Luz Oro ocupa o cargo de tesoreira

Luz Oro, Leyda Ramírez e Amaral Rincón forman a nova directiva de Aranes.

"Empezamos con moito cariño e sobre todo con moito esforzo. Formar parte da directiva de Aranes é moi difícil e complicado porque os nosos fillos son dependientes as 24 horas, pero querer é poder e con moito amor seguimos adiante si ou si. Agora mesmo somos 11 familias onde se lle dan terapias aos nosos rapaces/as de psicoloxía e fisioterapia que necesitan de por vida", conta Luz Oro que resalta a importancia de que se coñeza o labor de Aranes. "O obxetivo tamén é que as familias que teñan fillos que necesiten este tipo de atención poidan conocer o colectivo e sumarse".


Socio por cinco euros

Oro aproveita para facer tamén un chamamento á xente que poida e queira colaborar facéndose socio de Aranes por tan só cinco euros ao ano. "Para nós ese grao de area significa moito porque as terapias son moi costosas", recalca. Se alguén se anima a facerse socio pode facelo a través dos seguintes teléfonos 643 901 593 (Leyda Ramírez) e 619 732 887 (Luz Oro).

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, Oro adiántanos que en breve a asociación levará a cabo un mercadillo solidario. "Todo o recaudado irá destinado ás terapias dos rapaces/as". Toda a información desta iniciativa na imaxe:

Cabe mencionar que hai unhas semanas falamos de Iván Blanco, un destes mozos que forma parte de Aranes e que é o fillo de Luz Oro. Aínda o podemos axudar coa súa enfermidade mercando viño solidario para invertir na investigación dunha cura. A noticia no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-brinde-solidario-para-axudar-a-iv%C3%A1n-blanco-oro-un-mozo-lalinense-que-padece-hemiplexia


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page