top of page

Levan ao Parlamento Galego as alertas científicas excluidas no Proxecto de Lei de Educación Dixital

12 sept
4 min de lectura

Adolescencia Libre de Móbiles, Escola Saudable de Ecoloxistas en Acción e a Asociación Educación Activa continuaron nos seus encontros informativos coas deputadas do BNG


Ecos da Comarca/Xeral

O 9 de setembro no Parlamento Galego, Xulio Carmona, voceiro de Escola Saudable de Ecoloxistas en Acción, peresentou ás deputadas do BNG  María Cristina Fernández Davila e Saleta Chao Rivas, as 30 consideracións ao proxecto de Lei de educación dixital de Galicia (elaboradas xunto a Adolescencia Libre de Móbiles e a Asociación Educación Activa).


Ditas consideracións identifican os mitos tecnolóxicos que sustentan dito proxecto de lei, e desprotexen as persoas menores por non atender ao coñecemento científico e as recomendacións de paneis/institucións expertas (Suecia, Canadá, Francia, España, …), nin as recomendacións das principais sociedades científicas a nivel estatal do eido da medicina e a psicoloxía:

Sobre os efectos negativos coñecidos na aprendizaxe: "Se informes, como os PISA dende 2006 até 2025, mostran claramente peor rendemento académico a maior uso de pantallas na aula, paneis de persoas/institucións expertas desvelan como a introdución precoz de pantallas nos menores diminúe a concentración, a memoria de traballo, a lecto-escritura, o desenvolvemento da linguaxe, a calidade das aprendizaxes -máis superficiais e acríticos-; así como compite (rouba oportunidades) coas interaccións humanas necesarias na maduración e a aprendizaxe profunda".


Sobre os efectos negativos coñecidos no uso precoz de pantallas na saúde e desenvolvemento: "No neurodesenvolvemento: retraso na linguaxe e psicomotor, menor desenvolvemento cognitivo e coeficiente intelectual, dificultade na xestión emocional e no desenvolvemento da autorregulación, menor volume cerebral en áreas clave -temporal, parietal, frontal-, deterioro da memoria de traballo e aumento da impulsividade, hiperactivación do sistema límbico, dificultade no desenvolvemento do control de impulsos, deterioro da atención sostida".


Na saúde mental: "Condutas adictivas, depresión, ansiedade, problemas de concentración, baixa autoestima, trastornos alimentarios, alteracións do sono, pensamentos / prácticas suicidas…) e física (obesidade, risco cardiometabólico, fatiga visual, miopía, peores habilidades motoras, alteracións musculoesqueléticas,…)".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As deputadas do BNG, foron tamén informadas da incompatibilidade do proxecto de Lei Dixital de Galicia coas recomendacións da Asociación Española de Pediatría (AEP), asumidas na actualidade por, ao menos, 17 sociedades científicas da medicina e da psicoloxía: establecer tempos máximos de pantallas (non usar pantallas até os 6 anos, non máis dunha hora ao día entre os 7 e os 12 anos, e dúas horas a partir dos 13 anos, incluíndo o horario escolar), postergar o primeiro smartphone e o acceso a redes sociais até os 16 anos, e educar no dixital (e preparar para un mundo dixital) sen introducir ao alumnado como usuario de dispositivos, redes nin plataformas.


O informe elaborado polas organizacións de familias, profesionais sanitarios, docentes e ecoloxistas, subliña que a innovación no eido educativo (e na protección dos menores) atópase nunha desescalada dixital nas aulas, non na introdución disruptiva de pantallas nunha poboación infantoxuvenil, máis vulnerábel a súa fascinación adictóxena e o roubo da atención. Mostra como metodoloxías sen pantallas favorecen, en maior medida, o desenvolvemento do pensamento computacional e da competencia dixital dende unha perspectiva crítica e reivindica as escolas como refuxios libres da omnipresenza das pantallas, onde prime o analóxico e se potencien metodoloxías activas, investigativas e participativas.


Sobre a desprotección na privacidade: O informe salienta como o proxecto de lei, segue a permitir no ensino uns servizos dixitais das grandes compañías tecnolóxicas, incompatíbeis coa a privacidade. “O propio uso do paquete ofimático de Microsoft usado nas aulas, xa foi desautorizado recentemente pola Autoridade de Protección de Datos austríaca por rastrexar ilegalmente ao alumnado e non dar acceso total á información recompilada”. No informe deféndese a migración progresiva ao software libre de sistemas operativos e ferramentas dixitais, e formas reais de control da privacidade en plataformas, comunicacións, etc.


Sobre a “sordeira” da Xunta ao actual coñecemento científico: Adolescencia Libre de Móbiles, “Escola Saudable” de Ecoloxistas en Acción e a Asociación Educación Activa, concluén nos informes entregados ás deputadas do BNG sobre o cambio de paradigma e a desescalada dixital xa iniciada nos países nórdicos pioneiros na dixitalización (Suecia, Finlandia, Dinamarca e Noruega), seguidos, en diferente grao, por outros países europeos, ou en diferentes Estados de EE.UU (actualmente en 5 e 10 en proceso, co apoio de familias, sindicatos docentes e apoios transversais nos seus respectivos parlamentos).

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Así como da aposta clara  de prohibir o acceso á IA ás aulas en primaría (no caso de países como Noruega) ou ata 8º grado (como no caso do Concello de Nova York).Informouse, de como no Estado español, a comunidade catalá comezou este curso retirando pizarras dixitais dá etapa infantil (0-6 anos), comunidades como a cántabra (orde autonómica), a valenciana (proxecto de orde), a balear (currículos escolares), tamén propoñen a retirada nesta etapa. Comunidades autónomas como a madrileña ou a catalá reverten a introdución de dispositivos dixitais individuais (DDI) até a ESO ou até 6º de primaria, respectivamente.


O tempo de uso de DDI xa foi reducido recentemente regulando segundo a etapa, de 1 a 2 horas/día na comunidade murciana, entre 2-4 horas en primaria e 2-4 horas/día en secundaria na comunidade aragonesa, e, no caso dos dispositivos dixitais compartidos (DDC), entre 1 ou 2 horas á semana na comunidade madrileña no eido do ensino primario.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page