top of page

Lalín ultima a posta en marcha da nova aula de estudo 24 horas que estará dispoñible en breve

hace 11 horas
2 min de lectura

Laura Moure/Lalín

O goberno de Lalín avanza na posta en funcionamento da nova aula de estudo 24 horas, situada nas dependencias da Casa Consistorial, que estará dispoñible para a veciñanza nun breve espazo de tempo. O novo equipamento, que xa loce os vinilos identificativos, permitirá ampliar os servizos educativos e culturais da vila, ofrecendo un espazo de estudo aberto durante as 24 horas do día, complementario á Biblioteca Municipal Varela Jácome.

Nas últimas semanas, a xunta de goberno local aprobou diferentes actuacións para a posta en marcha da aula. Entre elas destaca a adxudicación do contrato de dotación e implantación do sistema tecnolóxico e de control de accesos por 10.769 euros (IVE incluído), así como a recente adxudicación dos traballos de pintado e acondicionamento por 3.751 euros (IVE incluído). Estas actuacións supoñen un investimento conxunto de 14.520 euros e constitúen novos avances cara á apertura do equipamento.

 PUBLICIDADE

O proxecto conta con financiamento da Xunta de Galicia ao abeiro dunha orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e contempla un investimento de 17.224,98 euros. A aula contará con mobiliario específico de estudo, conexións eléctricas e USB, wifi, iluminación LED e un innovador sistema de acceso intelixente integrado na aplicación municipal Lalín Infinito, que permitirá consultar a dispoñibilidade, realizar reservas e acceder ás instalacións directamente desde o teléfono móbil, sen necesidade de chaves físicas nin de persoal presencial.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, destacou a importancia deste novo servizo municipal, especialmente para estudantes, opositores e persoas que precisan compatibilizar os seus estudos coa actividade laboral. O goberno local continúa así avanzando nun proxecto que responde a unha demanda da veciñanza e que permitirá dispoñer dun espazo moderno, accesible e adaptado ás necesidades de estudo a calquera hora do día ou da noite, reforzando os servizos educativos e culturais de Lalín.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page