top of page

Lalín declarou hoxe día de loito oficial polo pasamento do xornalista Fernando Ónega

Ecos da Comarca/Lalín

O Concello de Lalín declarou hoxe, mércores 4 de marzo de 2026, como día de loito oficial polo pasamento de Fernando Ónega López, Fillo Adoptivo de Lalín. O xornalista faleceu onte aos 78 anos.

As bandeiras ondean a media hasta en todos os edificios públicos e suspendéronse os actos oficiais. O alcalde José Crespo manifestou as condolencias á familia neste decreto.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ónega só foi unha voz de referencia na radio e na prensa; foi, segundo como resalta o Concello lalinense, "o mellor altofalante que Lalín puido ter: Pregoeiro e Comendador da  Feira do Cocido, Fillo Adoptivo de Lalín, título que levaba con máximo orgullo, e defensor a ultranza da nosa identidade, cultura e gastronomía".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

"Sempre presumimos que Fernando levaba o nome de Lalín polo mundo adiante coa mesma paixón coa que falaba da súa Pol natal ou da súa Galicia querida. Hoxe quedamos un pouco máis orfos, pero o seu legado e a súa calidade humana quedarán gravados para sempre na memoria colectiva do noso concello. Grazas por tanto, Fernando. Lalín non te esquecerá", recalca.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page