top of page

Lalín contará dende o 2023 cunha nova ITV agrícola para a zona de Maceira

5 dic 2022
2 min de lectura

Dará servizo a uns 300 gandeiros

Laura Moure/Lalín

O concelleiro de Obras e Servizos de Lalín, José Cuñarro, avanza que “desde comezos do vindeiro ano 2023 contaremos cunha nova estación móbil para a zona de Maceira e a súa área de influencia, tal como nos vén de comunicar a empresa responsable deste servizo Supervisión y Control (SyC-ITV)”.

Segundo afirma Cuñarro “é unha gran satisfacción a receptividade amosada por SyC-ITV atendendo á petición unánime que lle fixemos desde o Concello -a través dun acordo plenario unánime que aprobamos con data 28.01.2022-, xa que con esta nova unidade móbil que funcionará para Maceira e a súa área de influencia permitirá dar servizo en conxunto a máis de 300 gandeiros e agricultores nesta zona que se caracteriza por ter unha elevada carga gandeira e, polo tanto, moita maquinaria agrícola”.“Ademais coa entrada en funcionamento desta nova ITV en Maceira damos cumprimento á proposta do noso programa de ampliar o servizo de unidades agrícolas móbiles no rural evidenciando o noso compromiso coa veciñanza lalinense”, subliña.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

“Esta unidade de Maceira que se suma á tres xa existentes ata o momento en Anzo, Cercio e Vilatuxe, coas que se garante a cobertura á práctica totalidade superficie do noso rural”, explica. A nova ITV móbil de Maceira instalarase nun espazo chairo situado a carón do centro social da dita parroquia, un lugar idóneo para o seu emprazamento, e dará cobertura ás necesidades da veciñanza non só de Maceira senón tamén de toda a súa zona de influencia que abrangue un amplo radio de acción:as parroquias de Maceira, Castro de Cabras, Albarellos, Alemparte, Alperiz e Parada; os lugares de Os Porcallos, Santón e Palmaz na parroquia de Goiás; os núcleos de A Cabreira, Torguedo, Quintela, Celemín, Donfreán e Belelle na parroquia de Catasós; os lugares de Alfonselle e Lagazós en Lalín de Arriba e o lugar do Sixto en Dozón.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page