top of page

Lalín albergará mañá, 8 de maio, o documental “Quen contamina a Limia?”

 "Porque a comarca do Deza débese mirar no espello da Limia antes de que sexa demasiado tarde", subliña a Plataforma Stop Biometano Deza


Ecos da Comarca/Lalín

Este venres 8 de maio ás 19 horas terá lugar a proxección do documental “Quen contamina a Limia?” no salón de actos da biblioteca de Lalín. Tal e como sinala a Plataforma Stop Biometano Deza estarán presentes Diego Freire (Noticias Dispersas) e Alfonso Cid (Radio Liverdade). "Porque a comarca do Deza débese mirar no espello da Limia antes de que sexa demasiado tarde", subliña a plataforma.

"Na nosa comarca predominou tradicionalmente a gandería extensiva, que conserva a paisaxe en mosaico, prevén os incendios e conserva o territorio, pero nos últimos anos estase a incrementar a carga gandeira debido á proliferación de explotacións intensivas en detrimento das extensivas. Unha das principais consecuencias das explotacións sen base territorial é o incremento da contaminación por nitratos nos solos e nas augas, que incrementa o risco de cancro colorrectal. Aínda que non se realizaron estudos epidemiolóxicos, é de dominio público que se incrementaron os casos desta patoloxía

na comarca da Limia, que leva anos padecendo as nefastas consecuencias da gandería industrial. Este tipo de contaminación é ademais duradeira, e prevese que non se poderá reverter ata 2040, iso aínda que a partir de agora todo se fixera correctamente", explica o colectivo.


Ademais, lembra que a contaminación por cianobacterias tamén é cada vez máis frecuente no encoro de Pordemouros, como ven sendo habitual na Limia (encoro das Conchas). "A proba da situación límite á que chegou a comarca da Limia é que a xustiza condenou á Xunta e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil (dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica) por non actuar para evitar a contaminación causada pola gandería industrial, vulnerándose así dereitos fundamentais da poboación como o dereito á vida e á integridade física, á propiedade e á auga, así como a interdicción de tratos inhumanos ou degradantes".

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Proponse, apunta a plataforma, "como falsa solución macroplantas de biometano, que xeran novos problemas sen resolver os existentes, posto que todos os nitratos que entran nestas plantas saen, pero na súa forma amoniacal, que se filtra aínda con maior facilidade ás augas. Só son unha fuxida cara adiante por non querer ir á raíz do problema, que é o erróneo modelo gandeiro".

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Por último, engade que este documental "axúdanos a comprender as consecuencias que podería ter para a comarca do Deza continuar coa mesma deriva da Limia, para así poder reaccionar e esixir medidas preventivas ás administracións competentes".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page