top of page

Lalín acolle mañá, 24 de xaneiro, unha charla sobre as plantas de biometano

Ecos da Comarca/Lalín

Mañá, sábado, 24 de xaneiro, o Casino de Lalín albergará ás 18 horas unha charla informativa sobre plantas de biometano. Leva por título: Solución ou desfeita? Está organizada pola plataforma Ulloa Viva e por Grela Cultural do Deza e presentada e moderada pola xornalista de ECOS DA COMARCA, Laura Moure.


 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Durante a xornada intervirán Xoán Castro, enxeñeiro agrónomo e investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo; Daniel L. Bispo, licenciado en Químicas, profesor xubilado e membro de Adega; Xosé Mariño, membro do colectivo Berce do Ulla, asociación de Antas de Ulla que loitou para evitar que se instalaran outra neste concello da Ulloa e a voceira da plataforma Stop Bio?metano de Agolada, Eva Fernández.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page