Lalín rexistrou hoxe dous accidentes de tráfico
- ecosdacomarca
- 24 jun
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Este martes producíronse dous accidentes de tráfico en Lalín en algo máis dunha hora de diferencia. Víronse afectados en total catro vehículos e saldouse con feridos leves.

O primeiro deles sucedeu ás 12 horas. Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha colisión entre dous coches na rúa Nuno Eanes de Cercio á altura do número 24. A raíz do sinistro, unha persoa queixábase de dor nun pé. Ata o lugar, desprazáronse Urxencias Sanitarias e a Policía Local de Lalín.
Publicidade
Ás 13:20 horas o 112 Galicia foi avisado por outro accidente en Lalín, neste caso, tal e como indica o 112 ocorreu na N-525 á altura do quilómetro 297 na parroquia de Prado.
Publicidade
"Foi un accidente entre un camión que levaba paneis de madeira e un coche. Dúas persoas que viaxaban no coche sairon polo seu propio pé, pero precisaron asistencia sanitaria", apunta o 112. Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias e a Garda Civil de Tráfico.
留言