top of page

Julio López “Viscu” anuncia que se presentará como candidato á Alcaldía de Vila de Cruces

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O edil Julio López “Viscu” anuncia que liderará un proxecto independente para gobernar o concello de Vila de Cruces.

Este é o seu comunicado:

"Quero comunicar publicamente que me vou presentar como candidato á alcaldía de Vila de Cruces nas eleccións municipais de 2027.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Tomo esta decisión tras meses de reflexión e, sobre todo, animado polo apoio de moitos veciños e veciñas que me trasladaron a súa confianza para dar este paso.


A miña intención é liderar un proxecto independente, centrado únicamente en Vila de Cruces, na súa veciñanza e no seu futuro. Un proxecto baseado na proximidade, na xestión responsable e no compromiso co desenvolvemento do noso concello.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Afronto esta nova etapa con ilusión, responsabilidade e coa vontade de seguir traballando por Vila de Cruces, tal e como fixen durante a miña etapa no goberno municipal.


Nos próximos meses irei dando a coñecer as liñas principais deste proxecto, así como o equipo que me acompañará neste camiño".


Julio López


Cabe lembrar que López anunciou o pasado mes de feberiro o seu abandono de Xuntos polo noso Concello, o partido que está gobernando actualmente, por discrepancias: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-edil-cruce%C3%B1o-julio-l%C3%B3pez-abandona-xuntos-polo-noso-concello



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page