top of page

JRT Motorsport buscará no Rally Comarca do Carballiño sentenciar o Campionato Galego de Rallys

hace 6 horas
1 min de lectura

Dani Berdomás e Brais Mirón bastaralles ocupar a segunda posición do podio para ser os próximos campións galegos de rallis


Ecos da Comarca/Deza

Onte e hoxe celébrase a quinta edición do Rally Comarca do Carballiño, unha proba que será a antepenúltima cita do calendario do Campionato Galego de Rallys 2026 e que contará con 140 participantes.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Entre os principais protagonistas estarán os actuais líderes do campionato, Dani Berdomás e Brais Mirón, aos mandos dun Citroën C3 Rally2. Os representantes de JRT Motorsport teñen nas súas mans unha importante oportunidade para pechar o título galego, xa que lles chega con rematar no segundo posto do podio para proclamarse campións.

Na proba ourensá tamén estará presente outra parella de JRT Motorsport, a formada polos dezás Javier Ramos e Alex Moure, que competirán cun Hyundai i20 Rally2.


Ademais, o equipo contará coa participación de Manuel Ángel Fernández e Francisco García, que disputarán o rally cun Skoda Fabia R5. No caso do piloto lalinense, a cita terá un carácter especial, xa que será a súa primeira experiencia aos mandos dun vehículo 4x4 de última xeración. A participación servirá como unha proba de test para continuar coa súa adaptación a este tipo de monturas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Así, o Rally Comarca do Carballiño preséntase como unha cita decisiva no tramo final do Campionato Galego de Rallys, con 140 equipos preparados para afrontar unha das últimas probas da tempada.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page