top of page

José Luis Camiñas lamenta a “falta de respecto institucional” de Luis López con Rodeiro

hace 9 minutos
2 min de lectura

"Se antes de que remate este mandato volve saltarse as regras máis básicas de lealdade e respecto entre administracións, o Goberno local promoverá que sexa declarado persoa non grata no noso concello", sinala


Ecos da Comarca/Rodeiro

O alcalde de Rodeiro, José Luis Camiña, criticou publicamente o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, despois de que o organismo provincial aprobase na Xunta de Goberno do venres o financiamento correspondente ao Concello de Rodeiro, a través do Plan Máis Provincia, para acometer a mellora da estrada que une As Devesas con Carboentes.

José Luis Camiñas, alcalde de Rodeiro.
José Luis Camiñas, alcalde de Rodeiro.

Camiña considera que se trata dunha actuación “necesaria e moi demandada” polos veciños e veciñas da zona, pero cuestiona as formas empregadas polo presidente provincial. Segundo explica, López anunciou publicamente o financiamento un día antes da súa aprobación, durante unha visita ao lugar de Bardelas, “sen ter a consideración institucional de informar previamente ao alcalde ou a calquera membro do Goberno local”.


O rexedor cualifica esta actuación de “falta de respecto institucional” e asegura que non a considera unha cuestión persoal, senón unha falta de consideración “a cada un dos 2.230 veciños e veciñas” de Rodeiro.


O alcalde lembra ademais que a estrada acumula “un importante atraso” e que desde o Goberno local se tentou que a Deputación asumise a titularidade da vía desde As Devesas ata o límite co concello de Dozón. Para iso, segundo Camiñas, formulouse inicialmente unha proposta de transferencia e posteriormente unha permuta, co obxectivo de que a vía adquirise “a capacidade e as características necesarias” para responder ás necesidades dunha zona con importante actividade gandeira.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Segundo o mantario, estas propostas foron rexeitadas por Luís López, ao que acusa de “poñer todo tipo de atrancos” e de atrasar unha solución para os veciños das dúas parroquias afectadas. “Unha vez máis, os grandes prexudicados foron os habitantes do rural”, sinala.


Camiñas considera que a aprobación do financiamento a través do Plan Máis Provincia supón “un paso necesario”, aínda que insiste en que non se debe esquecer “todo o tempo perdido nin as dificultades” que, ao seu xuízo, foi necesario superar para chegar ata este punto.


O rexedor lembra tamén que Luís López xa foi reprobado no último pleno ordinario do Concello de Rodeiro pola súa “reiterada falta de respecto institucional”. Neste sentido, advirte de que, se antes de rematar o actual mandato o presidente provincial “volve saltarse as regras máis básicas de lealdade e respecto entre administracións”, o Goberno local promoverá que sexa declarado persoa non grata no Concello de Rodeiro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

“Rodeiro merece respecto institucional, diálogo e lealdade entre administracións, independentemente da cor política de quen goberne”, defende Camiñas, que reclama que a Deputación non sexa utilizada “para buscar protagonismo político á marxe do Concello afectado”.


Finalmente, o rexedor conclúe que o respecto institucional “non é unha cuestión de protagonismo nin de protocolo”, senón “unha obriga democrática e unha mostra de respecto aos 2.230 veciños e veciñas de Rodeiro”.


NOTICIA RELACIONADA:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page