A Xunta concerta 10 prazas de atención residencial a persoas maiores en Lalín
Ecos da Comarca/Lalín
O Consello da Xunta autorizou o inicio dos trámites para a licitación do contrato de reserva e ocupación de 32 prazas de atención residencial para persoas maiores nos concellos de Celanova (12 prazas), Lalín (10 prazas) e Vilagarcía de Arousa (10 prazas).

PUBLICIDADE
A duración inicial do contrato é de dous anos, ata decembro de 2028, podéndose prorrogar ata un máximo de cinco. O orzamento base de licitación é de 1,7 millóns de euros e o valor estimado do contrato, tendo en conta o período de execución máxima previsto coas prórrogas, é de 4,9 millóns de euros.
PUBLICIDADE
O obxectivo deste contrato é a consolidación da rede pública residencial, pois non se trata da creación de novas prazas, senón do mantemento de prazas xa contratadas Tras a autorización do Consello da Xunta, procederase a publicar o anuncio de licitación na plataforma de Contratos Públicos de Galicia e no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE), concedendo un prazo de 30 días naturais para a presentación de ofertas.









Comentarios