top of page

José García recauda 160 quilos de alimentos na campaña desta fin de semana en Cortegada

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Silleda

O veciño da parroquia silledense Laro José García conseguiu recadar ao longo desta fin de semana 160 quilos de alimentos non perecedoiros. Esta campaña solidaria tivo lugar na parroquia de Cortegada. Estes serán entregados ao programa Silleda Solidaria.


"Dende o programa municipal Silleda Solidaria queremos agradecer, unha vez máis, o traballo de José García, veciño de Laro e usuario de Aspadeza, que vén de iniciar outra campaña este Nadal, ca recollida de alimentos, coma a desta fin de semana en Cortegada. Grazas a José e a todas as persoas e entidades que colaboran en iniciativas solidarias", indica o Concello.

José García con todo o recaudado.

E García, coa colaboración de Rosa Rozas, continuará con outra acción solidaria a vindeira fin de semana. Desta volta, será unha recollida de xoguetes en bo estado. Poderán doarse no centro cultural de Laro de 9:30 a 19:30 horas e tamén se destinará ao programa Silleda Solidaria.


NOTICIA RELACIONADA:




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page