top of page

José Casal será o pregoeiro da I edición de O Recuncar da Bandeira

Amigos da Empanada presentou o cartel xunto co Concello de Silleda e anunciou asamblea extraordinaria para o 13 de maio para presentar o novo “socio da empanada”


Laura Moure/Silleda

A Asociación Amigos da Empanada de Bandeira (Silleda) e o Concello de Silleda presentaron, esta mañá, o cartel da primeira edición de “O Recuncar de Bandeira”, evento que pretende reunir o 28 de maio a toda a veciñanza de Bandeira na Praza da Feira.


A xornada festiva comezará ás 12:00 horas oa sesión vermú e as actuacións de Pachi Show e DJ Pintu; de seguido terá lugar o pregón a cargo de José Casal, veciño da Bandeira, exdirector do CEIP Ramón de Valenzuela e persoa cunha enorme vinculación e compromiso coa vida cultural e asociativa do pobo, sendo todo un referente no Entroido de Bandeira e na Festa da Empanada.

Unha vez finalizado o acto, dará comezo unha gran comida popular servida pola asociación coa axuda de Francisco Rodríguez, Estrella López e Manuel Mejuto, cun menú conformado por empanada, mexillóns, carne ó caldeiro, pan, bebida, postre e café. O prezo xeral das entradas será de 20 euros, reducíndose a 10, para os menores de 12 anos e gratuíta para as crianzas de menos de seis; podendo xa adquirirse nos seguintes establecementos de Bandeira: Arume, Vinoteca, Zaux, Merca Mella e A Casiña dos Contos, así como nas redes sociais da Festa da Empanada. A asistencia de menores de seis anos debe ser notificada a través das devanditas redes sociais ou no correo electrónico empanadabandeira@gmail.com

Despois do xantar, a festa continuará cun karaoke, DJ Miau, sorteos e xogos tradicionais para todas as idades nos que se contará coa colaboración especial de José Casal e Paula Rivela. Pola noite será o quenda da verbena, con Pachi Show a partires das 22:00 horas e cunha Disco Móvil ata as seis da madrugada.


Na presentación, o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, reiteirou o apoio do Concello de Silleda a Recuncar, “unha nova cita que ademais de recuperar a tradicional xuntanza da Bandeira ven a ampliar a oferta lúdica e cultural do municipio silledense”. Pola súa banda, a concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González, destacou tamén “o traballo realizado polo colectivo Amigos da Empanada, con estas e outras actividades de dinamización arredor do emblemático prato”. Andrés Seoane, presidente de Amigos da Empanada, quixo agradecer a “colaboración desinteresada da xente de Bandeira, comercios do pobo, Frigoríficos Bandeira e sobre todo do Concello de Silleda, principal institución colaboradora” e espera que sexa “un reencontro moi especial tras dous anos moi duros de crise sanitaria”.


Convocatoria

Por outra banda, Amigos da Empanada anunciou a convocatoria de asamblea extraordinaria para o venres 13 de maio, ás 20:00 horas en primeira convocatoria, e media hora despois en segunda e última. Será unha asamblea de grande importancia xa que a directiva da asociación realizará unha modificación da figura do “socio”, actualizándoa aos novos tempos. A reunión terá lugar no Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page