top of page

José Canda e Laura Pérez vencen na XI Carreira do Cocido de Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Este domingo a capital de Deza acolleu a XI Carreira do Cocido de Lalín, que superou os 400 inscritos e na que participaron máis de 60 voluntarios.


Na proba masculina, de dez quilómetros, a vitoria foi un ano máis para o lalinense José Canda. Na segunda posición quedou Amadeo Sánchez e en terceira, outro veciño do municipio lalinense Ricardo Vázquez.


Pola súa banda, Laura Pérez foi a vencedora na categoría feminina. A dezá Patricia Varela logrou o segundo posto e o terceiro acadouno Ana González.


Por outro lado, na modalidade 5K, o gañador masculino foi Albino Fernández, seguido de Jordi Silva e Carlos Añón. E a lalinense Lucía Peón alzouse ca vitoria na categoría feminina. O segundo posto foi para Marga Villaverde e o terceiro, Lorena Lorenzo.


Mentres o premio dos equipos mixtos foi para Club Atletismo Arenteiro e os galardóns aos mellores a atletas locais recaeron en Andrea Elizabeth Saavedra e Daniel Rodríguez.

Participantes na XI Carreira do Cocido. Autor: Concello Lalín.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page