top of page

Javier Tourís critica "o rexeitamento de PSOE e BNG ao maior investimento asociativo da Deputación"

Califica de “lamentable e vergoñento” que non apoiaran no pleno a modificación de crédito que permitirá dobrar a partida para situala este ano en 5 millóns de euros


Ecos da Comarca/Deza

O vicesecretario de Acción Electoral do PP Provincial de Pontevedra, Javier Tourís, criticou duramente na xornada de onte "o rexeitamento dos grupos provinciais de PSOE e BNG ao maior investimento para o tecido asociativo na historia da Deputación tras non apoiar as medidas económicas postas en marcha para elevar a partida para estas entidades ata os 5 millóns de euros no presente exercicio e lamentou este “novo desprezo” das dúas forzas de esquerda aos colectivos".

Javier Tourís.
Javier Tourís.

O tamén deputado de Acción Comunitaria do goberno provincial calificou de “lamentable e vergoñento” que socialistas e nacionalistas non apoiaran no pleno da Deputación celebrado o pasado venres a modificación de crédito "que permitirá dobrar a achega desde os 2,4 millóns de euros do ano precedente a través dunha abstención e un voto en contra, respectivamente. Dita medida saíu adiante exclusivamente grazas á maioría absoluta do PP".


Para Javier Tourís, este posicionamento supón un “ataque frontal” de PSOE e BNG ao forte respaldo ao tecido asociativo da provincia por parte do goberno popular que encabeza Luis López e tamén supón un “enfrontamento” cos milleiros de colectivos e, principalmente, cos 700 que se van beneficiar destas achegas e que redundarán no beneficio directo de entre 40.000 e 50.000 pontevedreses que participan das actividades e empregan as instalacións destas entidades.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Tiveron abandonadas, esquecidas e castigadas ás asociacións veciñais e ás comunidades de augas durante os oito anos do infausto bipartito provincial encabezado por Carmela Silva sen que ninguén chegue a entender os motivos desta xenreira cara o tecido asociativo, que fai unha labor fundamental na dinamización e desenvolvemento da provincia. Pero o peor de todo é que, lonxe de rectificar nesta actitude, séguenlle dando ás costas co seu posicionamento en contra dunhas axudas moi necesarias para as súas actividades e para a mellora dos seus locais sociais e instalacións”, sinalou.


En calquera caso, Tourís deixou claro que o PP está plenamente convencido desta iniciativa de apoio económico, á que tildou como “un dos grandes fitos do novo goberno provincial”, e recalcou que os populares son uns “firmes defensores das asociacións e colectivos”, polo que garantíu que, co actual goberno da Deputación, manteranse estas achegas -no marco dos plans de Acción Comunitaria, +Aqua e Novaqua- e incrementaranse ata o máximo cada ano na medida do posible e da dispoñibilidade orzamentaria.






1 Comment


goloisx
hace 2 días

Moito carto en proxectos con escasa creación de emprego. Pola conta as eólicas moito carto e pouca ou ningunha inversión en tecido prodctivo

Like
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page