top of page

Iván Picallo gaña a segunda edición do Slalom de Antas de Ulla

O segundo posto foi para Sergio Fernández e o terceiro, para Anxo Lariño


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

Iván Picallo, aos mandos do seu habitual Citroën Saxo, foi o gañador da segunda edición do Slalom de Antas de Ulla, terceira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da especialidade.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Picallo logrou o seu mellor crono na segunda pasada oficial celebrada na localidade lucense fixando o tempo en 2:30.69. O segundo chanzo do podio foi para Sergio Fernández, que no seu BMW quedouse a algo menos de tres segundos do vencedor da proba (2:33.28). O terceiro chanzo do podio nesta proba que procura asentarse no calendario de slalom galego foi para Anxo Lariño Waldomar, conducindo o Citroën Saxo co que logrou a vitoria en Rianxo a tempada pasada. Lariño repúxose dunha mala primeira manga para rematar cun tempo de 2:35.07.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Completaron os cinco primeiros clasificados da proba Pablo Castro e Diego Miguélez. Miguel Santiago, do Siroco Team Narón foi o mellor entre os debutantes, mentres que Eva

María Caride foi a máis rápida entre as representantes femininas.

NOS VINDEIROS DÍAS ECOS DA COMARCA PUBLICAREMOS VÍDEO.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page