top of page

Monterroso e Portomarín mellorarán o camiño de acceso ao núcleo de Comeás

8 jul 2025
1 min de lectura

Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso e o Concello de Portomarín iniciarán nos vindeiros días as obras de mellora do camiño de acceso ao núcleo de Comeás, que comparten ambos os municipios. A intervención vai ser posible grazas a unha axuda da Xunta de Galicia, que destina a estas obras un orzamento total de 48.199 euros.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A actuación prevista dotará ao camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e a súa función e que evite a continua presenza de fochas que dificultan a circulación con seguridade. Os traballos terán unha duración aproximada dun mes.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, e o alcalde de Portomarín, Pablo Rivas, revisaron o estado actual do camiño, que presenta numerosas fochancas, polo que agradecen ao Goberno galego a achega para o acondicionamento da vía.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page