top of page

Monterroso reorganiza as aulas da gardería municipal para garantir praza a todas as familias solicitantes

7 jul 2025
1 min de lectura

O rexedor mantivo hoxe unha xuntanza coa dirección do centro e coas familias que inicialmente quedaran sen praza


Ecos da Comarca/Monterroso

O Concello de Monterroso reorganiza as aulas da Gardería Municipal para garantir praza a todas as familias solicitantes. O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, mantivo na mañá de hoxe unha reunión coa directora da Gardería Municipal e coas familias que inicialmente quedaran sen praza no centro tras o proceso de baremación de solicitudes.

Despois da primeira reunión da comisión de baremación, seguindo os criterios establecidos na normativa vixente, quedaran sen praza a 7 familias solicitantes. Ante esta situación, unha das familias presentou un recurso formal, o que obrigou á convocatoria dunha segunda reunión da comisión para a súa valoración e resolución.


Como resultado deste proceso e ante a vontade expresa do Goberno local de atopar unha solución viable que garantise o acceso á Gardería Municipal para todas as familias interesadas, decidiuse proceder a unha reorganización interna das aulas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Grazas á colaboración entre a Dirección do centro e o Concello, e á comprensión das familias afectadas, conseguiuse dar resposta a todas as solicitudes, garantindo así o dereito á conciliación e o acceso á gardería municipal en condicións de equidade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concello de Monterroso reitera o seu compromiso coa conciliación familiar e coa atención ás necesidades das familias do municipio e agarda que esta solución sexa de agrado para todos e todas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page