top of page

Investigan un condutor de 95 anos que circulaba en sentido contrario pola AP-53 á altura de Silleda

Procédese á súa investigación por un delito contra a seguridade viaria e realízase proposta de revisión de licenza de condución, por perda de aptitudes psicofísicas.


Ecos da Comarca/Vila de Cruces e Silleda

O pasado día 10, desde o 112 recíbese comunicación na Central COTA de Pontevedra que se están recibindo chamadas alertando dun vehículo que circulaba en sentido contrario pola autoestrada AP-53, á altura de Silleda.

Cuadriciclo. Fonte: Guardia Civil de Tráfico

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Lalín desprázase ata o lugar, intercepta ao vehículo e retírao da autoestrada.


Identificado o condutor resulta ser un veciño de Vila de Cruces, de 95 anos, que manifesta confundirse para regresar de Silleda ao seu domicilio en Vila de Cruces.


Publicidade

Investígase a esta persoa por un delito contra a seguridade viaria, e realízase unha proposta á Xefatura Provincial de Tráfico para retirada da licenza de condución, por perda de aptitudes psicofísicas.

Desde o Subsector de Tráfico de Pontevedra quérese agradecer a todos os cidadáns en xeral, así como aos usuarios que circulan polas diferentes vías, a colaboración que realizan ao advertir coas súas chamadas de todas aquelas conducións irregulares que observen, xa que pode con iso evitarse situacións de risco para a seguridade viaria.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page