top of page

Investigan a morte dun bebé de Lalín que faleceu onte

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Actualizado: 29 jul 2022

A Garda Civil está á espera de que a autopsia determine as causas do falecemento do cativo que presentaba "síntomas de desnutrición"

Ecos da Comarca/Lalín

Foto de Arquivo

Está aberta unha investigación para determinar a causa da morte dun bebé duns dous meses de idade, que residía en Lalín e que faleceu na noite de onte. "O cativo foi trasladado ao hospital de Santiago de Compostela e este faleceu ben no traslado ou inmediatamente antes do ingreso", indican dende a Oficina Periférica de Comunicación (OPC) da Comandancia da Guardia Civil de Pontevedra.


Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O 112 Galicia recibiu un aviso pasadas ás 23:00 horas e mobilizou a unha ambulancia do 061, ademais da Policía Local. "Todo apunta a que tivera unha desnutrición, pero hai que agardar a ver os informes médicos para coñecer cal era o estado do neno e ver a autopsia, que será a que determine as causas", puntualizan dende a Garda Civil.


(Hai que ser moi precavidos nestes casos, porque detrás hai, sen dúbida, seres queridos sufrindo. D.E.P.)

NOTICIA RELACIONADA:


































Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page