Investigado por condución temeraria en Silleda
- ecosdacomarca
- hace 12 horas
- 1 Min. de lectura
A Policía Local identificou ao condutor realizando maniobras antiregulamentarias nunha das rotondas do Parque Empresarial Área 33
Ecos da Comarca/Silleda
A Policía Local de Silleda investiga a un condutor por un posible delito contra a seguridade viaria. Así, o conductor ao que se identificou realizando o pasado domingo maniobras antiregulamentarias no parque empresarial Área 33, enfróntase a unha
denuncia por conducción temeraria, o que implicaría unha sanción de 6 puntos e 500 euros de multa.

Este condutor foi “cazado” realizando derrapes e circulando, entre outros, en sentido contrario nunha das rotondas do polígono silledense.
Publicidade
A Policía Local de Silleda vén ademais de incrementar os controis en distintos puntos da localidade a fin de evitar situacións como a acontecida no polígono, logo de detectarse a presenza de condutores cometendo imprudencias e tamén ante o aumento da preocupación polo risco que supón este tipo de actuacións contra a seguridade viaria.
Comentarios