top of page

Interior Galego Vivo: "A Xunta discrimina aos maiores do interior galego enviándoos a vacinódromos"

7 oct 2022
3 min de lectura

Ecos da Comarca/Xeral

A Plataforma Interior Galego Vivo lamenta que a administración da cuarta dose da vacina contra a Covid 19 ás persoas de máis de 85 anos está a provocar trastornos a moita xente do interior galego, por ter que acudir, de novo, aos denominados como "vacinódromos", ou sexa, centros de vacinación maciza, en moitos casos a ducias de quilómetros, en lugar de nos centros de saúde de Atención Primaria. "Cando remate esta fase de vacinación, o Conselleiro de Sanidade informou que “haberá repesca”, esta si, nos centros de saúde, e convida a quen non queira ir aos vacinódromos “agardar ás repescas”, mais ficarían deste xeito durante meses desprotexidos e contradise ao admitir que a vacinación sería máis eficiente e lóxica nos centros de saúde", indica. E asegura que "xa se están a producir numerosos casos de persoas que non van vacinarse aos centros dispostos e que agardan á repesca na Atención Primaria, co cal, o plan da Xunta devén en fracaso, todo por non reforzar os centros de saúde para que administren xa a cuarta dose da vacina. Trátase da enésima burla á xente máis vulnerábel do medio rural. É completamente intolerábel que persoas de idade avanzada grazas ao traballo e esforzo das cales temos Sanidade pública e Atención Primaria descentralizada, que ven como son desprezadas á hora de administrar a cuarta dose da vacina dunha doenza que lles afecta sobre todo a elas".

E insiste en que as persoas maiores das parroquias máis afastadas dos “vacinódromos” deben xestionar o desprazamento a estes, que inclúe necesidade de acompañamento, en casos de cadeiras de rodas ou mobilidade reducida, e gasto de cartos en taxis, pola falta de liñas regulares de transporte público en moitos puntos.

Horas de traxecto "Dispor a vacinación nos centros de saúde de Atención Primaria reduciría gastos e trastornos a estas persoas de máis de 85 anos, só que o Sergas non reforza os centros de saúde co persoal necesario nin a Xunta contempla un reforzo dos medios de transporte público no medio rural. Prodúcense situacións como a de persoas de 104 anos de Chantada citadas vía SMS para acudir a vacinarse ao centro de vacinación disposto en Monforte, ou persoas en cadeiras de rodas que non poden saír sen axuda, ou a xente da Montaña de Lugo que debe ir ao HULA, tendo unha hora de traxecto en coche só para recibir a vacina", lamenta. Así mesmo, recalca que esta cuestión súmase aos problemas de fondo xa de moita xente maior de comarcas interiores de Lugo que deben facer importantes gastos en taxis para acudir a citas médicas ou probas ao HULA, por non dispor de alternativas de transporte.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"A actitude da Xunta cara a sanidade é preocupante, como tamén mostra o feito de termos un único helicóptero medicalizado en funcionamento: estase xogando coa saúde e mesmo coa vida das persoas. A violencia exércese de moitos xeitos: os trastornos económicos e para as persoas maiores con mobilidade reducida son violencia. Os recortes matan".


Por todo isto, dende Interior Galego Vivo súmanse "ás voces que reivindican o reforzo da Atención Primaria de saúde no medio rural e a disposición inmediata da vacinación da cuarta dose da vacina contra a Covid 19 a maiores de 85 anos nos centros de saúde lembrando tamén a nosa demanda de isócronas aos hospitais e centros de saúde que garantan a equidade e a igualdade de toda a cidadanía galega".


 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page