Ecos da Comarca/Melide
Este luns de madrugada houbo un intento de roubo dun coche na vila de Melide. Un veciño que reside nun edificio da rúa Rambla de San Pablo deuse conta disto cando se dispoñía a ir ao seu posto de traballo ese día pola mañá. Cando se dirixiu, sobre as 8:00 horas, a coller o vehículo estacionado mesmo en fronte do edificio, atopouse co bombín da pechadura da porta do condutor tirado no chan. A porta estaba pechada, pero os cristais das catro ventás estaban baixados, sen que se apreciara desorden algún no seu interior.
O coche, un SEAT León de cor gris, fora aparcado sobre as 23:00 horas do día anterior. Esta calle está nunha zona transitada, xa que xusto coincide coa estrada que vai dirección A Coruña, antes do lugar das Cazallas. Por iso o afectado pide colaboración cidadá por se alguén viu algo sospeitoso, porque xusto a porta do condutor daba para a estrada xeral. Calqueira pista poden contactar coa Garda Civil ou con ECOS DA COMARCA a través do noso correo ecosdacomarca@gmail.com
A Policía Local de Melide desprazouse ao lugar para inspeccionar o vehículo e o afectado xa interpuxo denuncia no Cuartel da Garda Civil da localidade.
Cabe mencionar que hai uns días tamén se roubou unha moto en Melide. Máis información desta nova no enlace:
Comments