top of page

Intentan roubar nunha vivenda da parroquia agoladesa de Basadre

Ecos da Comarca/Agolada

Foto de arquivo.

Unha veciña de Agolada denuncia que esta semana lle intentaron entrar na casa de seu irmán de madrugada. O suceso ocorreu da noite do luns para o martes na parroquia agoladesa de Basadre.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

En concreto, a vivenda deste veciño está no lugar da Lama. "Era sobre as dúas da mañá cando meu irmao espertou ao oír ruído. Saíu ao balcón e viu fóra a dous homes que inmediatamente se meteron nun coche. Cre que no interior había outro porque o vehículo fuxíu rápido", sinala súa irmá.


"Tentaron entrar, pero afortunadamente non deron, e cos golpes que deron na porta romperon ata o cristal", engade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Xa puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil que se presentou no lugar. Esta familia pide difusión por se alguén viu algo ou se intentaron tamén acceder a outras vivendas da zona e tamén para que o resto da veciñanza extreme as precaucións


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page