top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Intensa fin de semana para o Atletismo Deza

Beltrán Rivas ponse líder nacional do ano, dando a sorpresa no seu primeiro ano da categoría sub16


Ecos da Comarca/Deza

A pasada fin de semana foi unha das importantes para o Atletismo Deza, ao disputarse douscampionatos galegos. Tratábase do campionato galego de probas combinadas sub16 e sub18 a celebrarse en Ourense o sábado e o domingo, e do campeonato galego de campo a través sub10, sub12 e sub14 a celebrarse en A Rúa o sábado pola mañá


Publicidade

Con respecto ás combinadas, participaron dou atletas. Beltrán Rivas conseguiu a prata sub16, mentras que Breogán García alcanzou a novena posición sub18. As probas realizadas foron 60 metros lisos, 60 metros valados, salto de lonxitude, salto de altura, lanzamento de peso e 1000 metros lisos.


Publicidade

Ademais, Breogán, ao ser categoría sub18, tamén concursou en salto con pértega. Pero a pesar de que estos resultados foron excepcionais, mellorando os dous con claridade as súas mellores marcas personais, a sorpresa apareceu no salto de altura sub16, onde Beltrán Rivas, cunha marca de 1 metro e 79 centímetros alcanzou a marca mínima para

acudir ao campeonato de España a celebrarse en Valencia o día 3 de marzo. A súa anterior marca, alcanzada feita fai pouco máis de un mes, era 1,66 e a mínima para participar no campionato de España eran 1,76. Con esta marca Beltrán ponse líder nacional do ano, dando a sorpresa no seu primeiro ano da categoría sub16.


Publicidade

Con respecto ao campeonato galego de campo a través, o club participou con 15 atletas de entre 7 e 11 anos, disfrutando dunha experiencia enriquecedora para os máis pequenos, e onde os resultados quedan nun segundo plano.

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page