top of page

Intensa fin de semana do GTR Galaico Trail Run

Ecos da Comarca/Deza

A pasada fin de semana foi intensa para o GTR Galaico Trail Run, xa que participaron en varias carreiras, incluso fóra de Galicia.


O sábado 20 Enrique Rojo correu no Trail Valle de Samuño de 22k e 1500+ moi preto de Langreo.


Publicidade

Xa pola tarde na Batalla de Cacheiras Manu Gómez chegaba 4° da Xeral e 1°da cat. Máster 1 e Sé Senande facíase co 3°posto na cat. Máster 2.


No Trail de Celanova disputaron a proba Alberto Martínez e Luis Blanco.


O domingo foi a CAMOVI de Viveiro onde Daniel Santalla quedou 23° e Rubén Varela, 42°. Correron n distancia de 21k con 1103+ unha competición con gran nivel de participantes.


En Caldas foi o 1° Trail Laxe dos Bolos con dúas distancias, na de 27k con 1520+. Participaron Javi Carballude e na de 8k Andrea Vázquez quedando 3° cat. Senior, Alba Blanco, Elisa Abeledo e Óscar.

"Finalizamos ca boa nova da inclusión na Selección Galega de a Nosa corredora Tamara García para o Campionato de España de Carreiras por montaña en Tarragona o domingo 5 de maio, unha proba moi dura de 34k con 2500+",destaca o clube.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page