top of page

Inauguración en Lalín da xornada 'Os retos dos sénior na Galicia rural'

Ecos da Comarca/Lalín

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou esta mañá que o Goberno galego impulsará nesta lexislatura un plan de residencias, que permitirá a construción de 24 novos centros en concellos de menos de 50.000 habitantes. Así o asegurou durante a inauguración da xornada Os retos dos sénior na Galicia rural, organizada polo medio especializado 65ymás coa colaboración da Xunta. No acto, estivo acompañada do alcalde de Lalín, Xosé Crespo, e do presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López.

ree

Na súa intervención, a conselleira lembrou o impulso que Galicia está dando á atención á dependencia, principalmente a través do plan de choque posto en marcha en xaneiro e grazas ao que a comunidade galega conta con 90.000 persoas dependentes atendidas, reducindo nun 10% os tempos de tramitación e axilizando a atención.


Fabiola García apostou por darlle facilidades ás persoas maiores para que poidan elixir onde pasar esta etapa das súas vidas. Neste sentido, destacou iniciativas pioneiras como o Bono Coidado no Fogar, que actualmente perciben 33.000 galegos e galegas. Ademais, lembrou as iniciativas deseñadas especificamente para o rural, como a rede de Casas do Maior, que rematará este ano con 160 recursos de atención diúrna activos.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Finalmente, a conselleira fixo fincapé na aposta da Xunta polo envellecemento activo, con programas como Benestar en Balnearios, as iniciativas deseñadas en colaboración coas universidades, as Aulas Sénior, o programa Xuntos polo Nadal ou o Carné+65. Fabiola García apostou, ademais, por aproveitar a maior esperanza de vida que rexistra a comunidade galega “como unha oportunidade para seguir deseñando unha Galicia Calidade, que sexa sinónimo de calidade de vida e calidade humana”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page