Identifican ao presunto autor da queima de varios contedores no centro urbano de Silleda
- Laura Moure
- 19 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Foi detido por un presunto delito contra o patrimonio e a orde socieconómico, delito de danos
Laura Moure/Silleda
A Garda Civil do Posto de Silleda en colaboración co Equipo ROCA da Comandancia de Pontevedra, procederon á identificación e posterior detención, do presunto autor da queima de contedores en diferentes rúas do centro urbano de Silleda.

As investigacións, iniciáronse por mor da queima de contedores a principios do mes de marzo, comprobando que o suposto autor podería desprazarse a pé polo centro da localidade, en horario nocturno e durante as fins de semana. Froito das investigacións, identificouse a un veciño de Silleda de 42 anos de idade, como presunto autor de varios delitos contra o patrimonio e a orde sociecónomico, delitos de danos, utilizando o que podería ser un líquido acelerante para iniciar a chama nos contedores, causando danos por un valor aproximado duns 7.700 euros.
Unha vez identificado foi detido o pasado día 15 pasado, e as dilixencias instruídas entregáronse á autoridade xudicial, debendo comparecer ante a mesma cando sexa citado.
NOTICIA RELACIONADA:
O Concello alertou desta situación: https://www.ecosdacomarca.com/post/silleda-intensificar%C3%A1-a-vixilancia-policial-ante-os-%C3%BAltimos-e-preocupantes-actos-vand%C3%A1licos
Comments