top of page

Silleda intensificará a vixilancia policial ante os últimos e preocupantes actos vandálicos

A pasada noite queimouse intencionadamente un colector de lixo na rúa María Colmeiro, que se suma a outros incendiados en días pasados


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda intensificará a vixiancia policial ante os últimos e graves feitos acontecidos ao longo desta semana. A pasada madrugada os bombeiros do Parque Intercomarcal acudiron á rúa María Colmeiro alertados polas llamas nun colector de lixo.

"Con este son xa catro os incendios provocados noutros tantos colectores na vila de Silleda en menos dunha semana, un feito cando menos preocupante", lamenta o Concello.

Foto de arquivo.

"Estes incidentes producíronse na zona de Barrio do Campo, no entorno da rúa Cartaxena e agora en María Colmeiro, onde tamén esta mañá acudían operarios municipais alertados pola veciñanza de desperfectos no mobiliario público (con macetas tiradas, entre outros)".

Á vista dos feitos, a vixiancia policial intensificarase nos próximos días.

Tamén se apela, como noutras ocasións á colaboración cidadá para poder identificar á persoa ou persoas autoras destes delitos contra o mobiliario público, que por fortuna só afectaron a bens materiais.



0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page