top of page

Identificados dous homes polas imaxes falsas de espidos creadas con IA tras as denuncias en Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra (EDITE) esclareceu un caso relacionado coa creación e posterior difusión de imaxes manipuladas mediante intelixencia artificial xenerativa que afectou a un total de 22 mulleres da provincia de Pontevedra e arredores. As primeiras denuncias foron de mulleres de Silleda, pero despois houbo máis afectadas do resto da comarca de Deza.

A investigación iniciouse tras as denuncias formuladas por varias das afectadas, quen tivo coñecemento de que os seus rostros foran utilizados para xerar imaxes de aparencia real nas que aparecían espidas ou participando en escenas de contido sexual explícito. Para iso empregáronse aplicacións de intelixencia artificial capaces de crear este tipo de imaxes a partir de fotografías obtidas de perfís de redes sociais.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Como resultado da investigación, a Garda Civil procedeu á investigación dun home de 29 anos como presunto autor dun delito contra a integridade moral, e á identificación do presunto creador do material manipulado, un home de 35 anos da localidade de Silleda. As dilixencias foron remitidas ao Tribunal de Instancia, Sección Civil e de Instrución de Lalín.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Desde a Garda Civil lémbrase que a creación ou difusión de imaxes íntimas manipuladas sen autorización pode constituír unha grave vulneración dos dereitos das persoas afectadas e dar lugar a responsabilidades penais.


Ante a detección deste tipo de contidos, recoméndase conservar as evidencias dispoñibles (capturas de pantalla, ligazóns ou perfís desde os que se difunden), denunciar os feitos o máis axiña posible e evitar calquera interacción cos posibles autores que poida dificultar a investigación. Así mesmo, é aconsellable revisar periodicamente a configuración de privacidade das redes sociais e limitar a exposición pública de imaxes privados.


NOTICIA RELACIONADA:


Comentarios

No se pudieron cargar los comentarios
Parece que hubo un problema técnico. Intenta volver a conectarte o actualiza la página.
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page