top of page

Iago Pazos acada a segunda posición na Liga Nacional de Clubs de Pamplona

13 jun 2022
1 min de lectura

Germán Cela proclamouse campión e Arturo Couso subcampión no Campionato Provincial Sub14 e combinadas Sub12 en lanzamento de xavelina


Ecos da Comarca/Deza

O Club Atletismo Deza participou este domingo no Campionato Provincial Sub14 e combinadas Sub12. Asistiu cun total de 15 atletas e logrou dúas medallas en lanzamento de xavelina: Germán Cela proclamouse campión e Arturo Couso subcampión. Por outra banda, Iago Pazos, presidente do club, acadou a segunda posición na Liga Nacional

de Clubs celebrada en Pamplona, co seu club Narón Atletismo. Logrou unha gran marca

persoal en lanzamento de xavelina: 55,88 metros.

Iago Pazos.

Prazas libres para o Campus

O Campus de Verán do Club Atletismo Deza aínda dispón dalgunhas prazas libres para as dúas últimas semanas, do 18 ao 22 de xullo e do 26 ao 29. "Esta edición está a ser un éxito de demanda, pero aínda temos algunhas prazas dispoñibles para eses dous períodos. Lembramos que as persoas interesadas poden solicitar información a través das redes sociais do Club, do correo electrónico atletismo.deza@gmail.com ou do adestrador e encargado do Campus, Nacho Castro (623 189 677)", indica o clube.

Haberá actividades vinculadas as diferentes disciplinas de atletismo, pero tamén xogos,

actividades en inglés, piscina, manualidades, concursos... O Campus dará comezo a semana do 27 de xuño e desenvolverase en diferentes espazos do municipio lalinense.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page