top of page

Sete anos sen a mina de Touro

Ecos da Comarca/Comarca de Arzúa

A Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON informa que hoxe, domingo 25 de agosto, "cúmprense 7 anos dende que soupemos da intención dunha nobel empresa Cobre San Rafael para reabrir a mina de Touro, un proxecto que viña da man de Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas. Sete anos despois a mina segue sen abrir, cun proxecto denegado que volven presentar e que o Goberno declarou Proxecto Industrial Estratéxico".


Comunicado íntegro da plataforma sobre esta cuestión:


SETE ANOS DUNHA HISTORIA QUE EMPEZOU HAI CINCUENTA

"O 25 de agosto cúmprense sete anos dende que se deu a coñecer a través do Diario Oficial de Galicia que unha empresa nobel, sin experiencia, descoñecida, recén creada, cun capital de apenas 3.000 euros, presentaba un proxecto para a reapertura da mina de Touro. Así é como a xente de Touro e O Pino “espertou do seu sono”.


Estes días acompañamos a Lola Rontano, na presentación da sua novela “Esperta do teu sono” que versiona o acontecido contra a mina de Corcoesto; lendoa, vémonos reflexados. No extractivismo sempre siguen o mesmo patrón, chámese Corcoesto, San Finx, Alberta, Touro, Altri, teñen un manual xa aprendido, daquela colleunos por sorpresa, agora xa non nos espantamos das suas campañas, o que si aprendemos foi a non fiarnos máis, non calar e quitarlles a careta.


Primeiro entran calados, sen facer ruído, ir traballando sen ruido para que non se teña oposición ou se a hai que chegue tarde, cando xa por fin fan públicos os documentos para

aparentar transparencia e cumprimento da lei de información pública, xa levan moito traballo para ter ás persoas axeitadas colocadas para convencer á xente das aldeas, que non se teña oposición é moi importante, non facer ruído, que sea un paseiño curto.

No caso da mina de Touro, o paseiño atragantouselles case tres anos; contaban, segundo dicían abrir a mina xa no Nadal do 2017, empezar a “operar” dicían, nada máis lonxe.

Nesa data de Nadal a Plataforma veciñal mina Touro O Pino NON, que xurdiu da unión da

veciñanza e centos de colectivos sociais, culturais, ecoloxistas, empresariais, políticos,

sindicais, unidas á Plataforma pola defensa da ría de Arousa empezamos un periplo por toda Galicia; a mobilización nas rúas empezou en Touro cunha manifestación histórica con tractores incluídos, seguimos con outra en Compostela aborrotando a Praza do Obradoiro que se quedou pequena e moita xente non poido acceder á praza; e outra novamente en Touro coas Marchas da Dignidade; unha amplísima e longa lista de apoios do mundo da cultura e do audiovisual que puxo todo da sua parte, documentais como A ameaza do cobre de Xosé A. Bocixa ou Minaría Non de Lentes Diverxentes percorreron e percorren Galiza e traspasaron fronteiras; poemas, narrativas, imaxes, música, artigos, encontros, pinturas, festivais, documentais, cantigas... o canto da Pinga e a Lavandeira vibrou na voz de Helena de Alfonso e o Hallelujah de Heredeiros da Crus pechou os festivais do verán dese ano convertíndose en himnos que seguen vivos cada día e permanecerán para sempre ligados a esta oposición.


Logo virían informes como o de ICOMOS, as alegacións da Fraternidade internacional do

Camiño de Santiago, da Sociedade Galega de Historia Natural ou da Federación Ecoloxista Galega; informes demoledores sobre o riscos das balsas do matemático e experto en hidroloxía estadounidende Steven Emerman; milleiros de informes e alegacións que desmontaban día tras día un proxecto inviable. Foron 45 concellos galegos, de todas as cores políticas, e duas Diputacións Provinciais as que aprobaron mocións contra a mina, e por suposto tamén se tivo que ir a Bruselas á Comisión de Peticións con esta problemática e a denuncia da ausencia de restauración dos ríos contaminados pola mina, dende 1988 que botou o peche definitivo, seguían vertendo á cunca do río Ulla, augas con drenaxe áceda de mina. En Bruselas acordaron o envío dunha misión de investigación para comprobar a situación das minas galegas pechadas e a ausencia de restauración das augas, esta misión anulouse, o motivo foi que antes da pandemia, a finais de xaneiro de 2020, a Conselleira de Medio Ambiente anunciou por sorpresa que a DIA era negativa, e o proxecto non ía adiante, nas mesmas datas envialle carta á Comisión de Peticións para que se pechara a petición aberta sobre a mina de Touro en base a que xa se emitía a súa declaración negativa, e a investigación sobre a contaminación das augas non continuou.


A DIA foi negativa pero o problema non era só a reapertura da mina outra vez, foise agrandando, esgromaron todas as problemáticas que nestas terras se dan como consecuencia de ter actividade dunha mina a ceo aberto unha ducia de anos, porque ese foi o tempo que estivo activa, entre o ano 1973 e o 1986 ata o peche definitivo en 1988; aquí non houbo mina aberta antes, nin depois, máis que nese período, a pesar de que querian facer ver que a tradición mineira nesta terra é centenaria, como se chegou a ler nalgún dos panfletos da empresa que quere reabrila. A base económica destas terras susténtase nas industrias agroalimentarias, gandeira, agraria, forestal, turismo, comercio, hostelería e servizos, que da emprego e diversifica sendo unhas terras cunha tasa de desemprego entre un 5 e un 8%, aquí xérase emprego e ven xente de fóra traballar aquí, sin necesidade de ter unha mina.


Contan os máis vellos que cando pechou Río Tino a mina en 1988 deixou 300 millóns de

pesetas para a sua restauración e un canle perimetral de bombeo das augas contaminadas darredor das balsas da mina, para que as augas con drenaxe ácida de mina procedentes da presa de estériles non saíran ao dominio público hidraúlico, nunca se soupo a onde foron os cartos. Da canle perimetral si se soupo, o novo propietario dos terreos, mercou os terreos e unha autorización de captación de augas no río Lañas que sigue tendo a días de hoxe, sendo coñecedor do seu estado e dos pasivos ambientais que recibía e tamén das obrigas que tería de restauración; empezaron esa restauración plantando eucaliptos, eses foron os únicos plans de restauración oficias que chegamos a coñecer. Logo, viría un convenio entre a USC, Augas de Galicia e Medio Ambiente, a primeiros do ano 2000, para recuperar os ríos a base dos chamados tecnosolos, feitos a base principalmente de lodos de depuradoras.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Vinte e catro anos despois dese convenio, xa non está vixente, os resultados son que temos unha planta de residuos non perigosos que recolle basicamente lodos de depuradoras que despois de mesturados con astillas, deposítanse e apílanse polos terreos da mina, metros e metros de espesor polas cortas abaixo, sin que se coñeza en qué consiste este tipo de restauración, unha planta de tratamento de residuos que recibe continuas denuncias pola emisión de olores nauseabundos e insoportables para os veciños das aldeas de Fonte Díaz e sobre todo Loxo.


Os ríos Pucheiras, Portapego, Ameneiro Lamas, Burgo, Felisa que van aos ríos Lañas e Brandelos e de ahí ao río Ulla levan máis de tres décadas aportando contaminantes día e noite, argumentan que son cauces de pouca importancia, pequenos. Tivo que ser a partir dunha inspección fruto das numerosas denuncias cando por fin confirman en 2018 que ten que cesar a saída das augas a eses ríos, e a Administración é quen de esixirlle por fin á empresa un proxecto de drenaxe integral das augas e que non siguan saíndo, vaia, outra vez un canle perimetral, o que antes eliminaran. Pero o asunto non remata ahí despois de 6 anos ese proxecto non está realizado, a pesar de ter que telo rematado en doce meses; o proxecto que plantean ademáis non evita a saída das augas, o que pretende este proxecto temporal, propón un desvío das augas dos ríos Portapego, Ameneiro Lamas e Felisa a unha balsa de augas ácidas coñecida como a balsa do Vieiro onde ademáis se reciben residuos dunha nave de tratamento de plásticos de silos, lavado de camións das actividades industriais e demais residuos, e de aí levarían as augas a unha depuradora e verteríanse ao rego Pucheiras, que actualmente xa está recibindo as augas do Vieiro sin autorización coñecida.


Esta petición de autorización de vertido sospeitamos que non é máis que unha escusa para baleirar a balsa de augas do Vieiro e ter, ademais de unha captación de augas boas herdada da anterior explotación mineira, unha autorización de vertidos legalizada para cando volvan a iniciar a actividade mineira, xa que por desgracia volvemos a estar á espera do dictado do DOGA sine día para saber cando poderemos coñecer os documentos do proxecto de reapertura da mina que novamente presenta a empresa, agora pola vía de Proxecto Industrial Estratéxico declarado polo Consello da Xunta o 24 de xuño deste ano, día do patrón de Touro, coma se dun agasallo festivo se tratara. Non sabemos o que nos depara e qué teremos que facer de novo, o que sí sabemos é que seguiremos decindo que non queremos novamente unha mina nas nosas terras, porque xa o vivimos e non foi unha boa experiencia a repetir.


Mentras os movementos ecoloxistas e a veciñanza seguen abrindo vías para impedilo, avecíñase un outono movido e cargado de novas: o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia terá que resolver a demanda que Cobre San Rafael presentou contra a Xunta de Galicia pola DIA negativa; a Fiscalía de Medio Ambiente da Coruña ten abertas dilixencias penais de investigación sobre a situación que se está dando nos terreos da mina e as augas; Augas de Galicia ten enriba de mesa unha nova sanción á empresa da mina por vertidos industriais sen autorización procedentes da balsa de Bama, ademais de recursos por incumprimentos do proxecto de drenaxe temporal; a revisión da autorización integral da planta de residuos ou a autorización de vertidos ao rego Pucheiras das augas da balsa do Vieiro, ademais das dilixencias abertas no Xuzgado de Arzúa por estas circunstancias, son só un exemplo da Caixa de Pandora que se destapou vai facer sete anos, logo de medio século aló polos anos 70 do seu comenzo, coa intención de volver poñernos unha mina á porta da casa, unha mina que rexeitaremos tantas veces como faga falta".


A Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON



Komentar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page