top of page

Hantavirus: hai virus máis letais

IsmaelRS/Xeral

Non tendes a sensación de que estas últimas semanas non se fala de outra cousa en ningures. Parece que de súpeto todos nos fixemos expertos en viroloxía e saúde pública sen ter pisado unha facultade na vida. O famoso Hantavirus está en boca de todos e a verdade é que a estas alturas o que máis ou o que menos xa sabemos case toda a cronoloxía do tema de memoria.

Case poderíamos ir a un deses programas de tirada nacional a falar do tema con toda a seguridade do mundo e quedaríamos como auténticos entendidos. Pero volvendo ao que hoxe me trae aquí que xa sabedes que ás veces me vou polas ramas coa emoción non tendes a sensación de que se fala moito destes virus que foron provocados por unha rata de catro patas e moi pouco de outros virus moito máis perigosos.


Refírome a eses virus que son creados e fomentados por ratas pero neste caso non de catro patas precisamente senón de dúas e con moita mala idea. Estou falando do racismo da homofobia ou do fanatismo máis absurdo. Eses males que se meten nas casas e nas conversas sen que nos deamos conta e que fan moito máis dano que calquera bicho que ande polo monte.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O que me resulta máis rechamante de toda esta situación é que estes virus sociais teñen unha cura moito máis fácil e ao alcance da man pero por algunha estraña razón non se fala tanto deles nin se entra en tanta profundidade como se debería. Preferimos estar alarmados por algo que vén de fóra antes que mirar as ratas que temos dentro do noso propio sistema e que non deixan de espallar odio cada vez que teñen ocasión. Parece que nos dá medo poñerlle nome a estas cousas ou que preferimos mirar para outro lado para non ter que admitir que temos un problema grave de convivencia.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A educación e o respecto son a única vacina que funciona contra o fanatismo e a intolerancia pero se non se aplican desde a raíz o virus seguirá medrando ata que sexa demasiado tarde. Galicia sempre foi terra de acollida e de xente con moito sentidiño por iso me doe tanto ver como certas actitudes se están a normalizar sen que ninguén diga nada. Gustaríame moito saber que pensades vós do tema e se tamén sentides esa frustración ao ver onde poñemos o foco da nosa atención cada día. Credes que estamos perdendo o tempo preocupándonos polas cousas equivocadas mentres os verdadeiros problemas sociais medran sen control. Que podemos facer desde a nosa lingua e a nosa cultura para frear esta praga de odio que parece que nos rodea?


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page