Grandes resultados do GTR no Trail Vila de Cuntis e na Carreira do Cocido
- ecosdacomarca
- 11 abr 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
O pasado domingo 7 de abril o GTR Galaico Trail Run acudiu a dúas probas. A primeira foi o Trail Vila de Cuntis, este ano tamén Campionato Xunta de Galicia individual de Carreiras por montaña da FGM e por outro lado, a Carreira do Cocido.
No Trail Vila de Cuntis, na distancia de 15 km. Juan R. Gómez entrou 5° da Xeral e 2° da cat. Absoluta; seguidamente chegou Vicente Agulló que se proclamou Campión Galego Junior e nos 28km Tamara Rodríguez entrou 6° da Xeral femenina e subiu o segundo caixón na cat. Senior.
Publicidade
A segunda proba foi en Lalín, na Carreira do Cocido, na que participaron 20 Galaicos, ademais dos que colaboraron como voluntarios da proba. Como resultados máis destacados resaltar 1° posto como corredora Local e 3° na cat. +35 de Patricia Montoto;
David Domínguez 13°da Xeral e 3° na cat. Senior; Andrea Vázquez 3° na cat. Senior e Enrique Rojo 3° na cat. +65.

"Dende o noso clube queremos dar os parabéns a Escola de Atletismo Deza polo bo facer da proba e o acertado de cambio na saída e meta a Praza da Igrexa que contribuíu positivamente a ter gran ambiente", resalta o GTR.
Comments