top of page

Grandes resultados do Galaico Trail Run no Desafioia

Ecos da Comarca/Deza

O domingo disputouse o Desafioia no concello de Oia 2ª proba Copa Xunta de Galicia de CxM cunha distancia de 25 quilómetros e 1600 m. desnivel positivo +-. Duro e cunhas vistas espectaculares do Atlántico. O GTR Galaico Trail Run conseguiron grandes resultados, tal e como informa o propio club.

As féminas siguen cun nivel altísimo como xa demostraron as actuais Campionas Galegas de Carreiras por montaña. Alina Cimpean foi 2ª da xeral Feminina e 2ª categoría Vet. A seguida de Tamara García, veciña de Dozón, 3ª da xeral Feminina e 1ª cat. Absoluta. Moi preto entrou en meta Lucía Peón, 5ª Feminina e 3ª cat. Vet. Completou o equipo Lucía González 7ª cat. Vet. A.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os galgos Galaicos fixeron bos resultados: Bruno Ferradás 11º da xeral e 5º cat. Vet A pelexando con gaios polo top ten, tamén participou Salvador González e Juán Ramón Gómez. Tamén correron pero na outra punta de Galicia, no Xove costa trail Manuel Quiroga e José Ferrín que se enfrontaron os 27 quilómetros e 1450 m. de desnivel positivo da proba.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page