Ecos da Comarca/LalÃn
Este domingo celebrouse en LalÃn a XII Carreira do Cocido que chegou as 1.000 inscricións. O Concello de LalÃn e o Club Atletismo Deza levaron a cabo unha nova edición baixo a batuta de Hernán GarcÃa.
Na carreira de 10k, Nuno Costa alzouse coa vitoria na categorÃa masculina, mentres que José Canda e Marcos Oro obtiveron un segundo e un terceiro posto. Na categorÃa feminina, Patricia Varela foi a campioa da xornada e o segundo e terceiro premios foron para E. Vanesa Blanco e Tamara GarcÃa. En canto aos atletas locais premiados nesta categorÃa foron Daniel RodrÃguez e Andrea Elizabeth Saavedra. O premio ao mellor equipo foipara o Atletismo Deza.
Na carreira de 5k, na categorÃa masculina Julio Novoa logrou o primeiro posto, mentres que
Efrén Capelo e Iván Abeledo foron o segundo e o terceiro da cita. Na feminina, a gran vitoria esperada da Carreira do Cocido, a da atleta galega Julia Vaquero. A deportista dera a saÃda hai 20 anos a unha das carreiras que se organizan no Concello de LalÃn, e decidiu volver na 12ª edición da Carreira do Cocido, pero desta vez co obxectivo de subirse ao podio e asà a logrou. Ararat Pazos foi a segunda premiada e Raquel Castro a terceira. Os atletas locais que subiron ao podio foron Roberto Roqueiro e Bárbara Sánchez, e o premio ao mellor equipo recaeu no Atletismo Arenteiro.
Nas categorÃas de menores, na sub 10 os premiados foron: Hugo Cordal, Nicolás Amado e
Martiño Mato, en masculino, e Alba Solla, SofÃa Corrales e Icia Penas. Na sub12 foron Josep Bastos, Carlos Riveiro e Mateo Santos, en masculino, e LucÃa Ageitos, Daniela Bayón e Ainoa Galán. En sub 14, Adrián RodrÃguez, Enrique Magariños e Mateo Crujeiras subiron ao podio na categorÃa masculina, mentres que en feminino as galardoadas foron: Carmen Paz, Claudia Chavez e UxÃa López.
Por último, na categorÃa sub16 os premiados na masculina foron Iago Riveiro, Brandan Carreira e Teo Seren e na feminina Ailala GarcÃa, Brétema Núñez e Sara Fernández.
Nesta cita a nomeada como socia honorÃfica do Club Atletismo Deza a Zaira Soto, atleta do
club, lanzadora de disco que agora debuta co Gimnástica de Pontevedra e que tamén forma parte do elenco de adestradores da Escola. É unha moza atleta que leva toda a súa vida vinculada ao club, que na actualidade colabora ensinando aos futuros atletas e que sempre está disposta a traballar por ver medrar ao club que a veu nacer.
"Agradecer aos máis de 60 voluntarios/as, ao equipo do Clube Montes do Deza e aos efectivos de PolicÃa Local e Protección Civil que axudaron na coordinación do evento e que velaron porque non se producise ningún incidente ao longo dos diferentes traxectos. Destacar tamén a importancia dos patrocinadores a carreira, que axudaron en todo momento a que este evento seguise medrando e se puidese alcanzar un bo nivel para atraer a tantos inscritos", agradece o Club Atletismo Deza.
Cabe recalcar que durante toda a mañá, o equipo de Recycling estivo onda o Castro Tecnolóxico recollendo roupa deportiva para completar o envÃo que realiza a Marrocos das bicicletas. Asà mesmo, antes do inicio das carreiras, desde a organización convocaron un minuto de silencio polas vÃtimas da guerra que está sucedendo en UcraÃna.