top of page

Gran despliegue en Agolada tras un mozo de Vigo saltarse a cuarentena

7 jul 2021
1 min de lectura

Sucedeu na Avenida do Ayuntamiento de Agolada sobre as 11:00


Ecos da Comarca/Deza

Esta mañá produciuse un gran despregamento da Garda Civil en Agolada sobre as 11:00 horas da mañá cando chegou a esta localidade o autobús que fai o traxecto Vigo-Lugo. Do vehículo baixaron a un mozo que estivo custodiado ao longo de toda a mañá pola Garda Civil.


Foron moitos os rumores que se produciron en torno a este dispositivo, pero a Oficina Periférica de Comunicación (OPC) de Pontevedra comunicou que se trata dun contacto estreito de Covid-19 que debía estar confinado na súa casa e que se saltou o confinamento, polo que presentará denuncia.


A Garda Civil solicitou ao 112 unha ambulancia ou outro vehículo para trasladalo de novo a Vigo.

A parada do autobús de Agolada onde tivo que agardar o mozo tras interceptalo.

Autor: Ecos da Comarca.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page