top of page

Gran afluencia de xente na XXV Feria de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A xornada festiva incluíu unha degustación gratuíta do galo con elaboracións moi variadas realizadas por 10 establecementos de restauración


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A XXV Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces celebrouse onte, domingo, e ateigou a carpa situanda diante do Concello. As autoridades destacaron a tradición e calidade dunha cita “imprescindible”.

Asistentes á feira. Autor: Ecos da Comarca.
Asistentes á feira. Autor: Ecos da Comarca.

A xornada festiva incluíu unha degustación gratuíta do galo con elaboracións moi variadas realizadas por diferentes establecementos de restauración –Casa Don Dín, A de Rafael, O Pazo, O Galicia, Onde Antonio, O Cabanas, O Refuxio, Serro Ventoso (Portugal), Álex Iglesias e Casa Sanmartín–, a venda do animal xa morto e unha exhibición de galos vivos. A xornada festiva contoucoa actuación da charanga local Os Kokakolas


Publicidade  


ECOS DA COMARCA estivemos alí e nos vindeiros días sacaremos vídeo.


Discurso do alcalde, Luis Taboada.

Queridas veciñas e veciños. Xuntámonos hoxe para compartir unha das nosas feiras máis queridas, a do Galo de Curral de Nadal.
Xuntarse nestas festas é motivo de gran emoción e alegría. E moitos casos, vemos e abrazamos aos nosos seres queridos, algo que trae consigo a maior felicidade posible.
Xa na miña felicitación navideña falaba da importancia de compartir, de compartir familia, amizade e afectos. Porque vivimos en comunidade. Por iso desde o Concello estamos a facer un esforzo para unir a veciñanza, a pesar da dispersión que temos do noso territorio.
O manxar de hoxe que, en breve, imos degustar todos xuntos poñeranos máis contentos aínda. Quero agradecer aos restaurantes e criadores do galo de curral a súa presenza nesta praza e o seu compromiso con esta feira de eminente carácter festivo. Porque sen vós non sería posible.

Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.
E, naturalmente, tamén quero agradecer e convidar a todos os que nos honrades coa vosa asistencia a pasalo ben e gozar a tope de estar xuntos, moi cerca uns dos outros; porque lembrade que na pandemia non foi así.
Aproveito a ocasión para felicitarvos persoalmente as festas e desexarvos un bo aninovo. Pero tamén fago votos para que no ano 2025 poidamos manter un elevado nivel de servizo público desde o Concello, mellorando as nosas infraestruturas e servizos aos cruceños.
E quero dicirvos, para terminar, que a mellor lotería é a que vén chea de saúde. Así que MOITA SAÚDE para todos, queridas veciñas e veciños.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page