top of page

Gran éxito da XII Carreira do Cocido que chegou as 1.000 inscricións

Ecos da Comarca/Lalín

Este domingo celebrouse en Lalín a XII Carreira do Cocido que chegou as 1.000 inscricións. O Concello de Lalín e o Club Atletismo Deza levaron a cabo unha nova edición baixo a batuta de Hernán García.

Na carreira de 10k, Nuno Costa alzouse coa vitoria na categoría masculina, mentres que José Canda e Marcos Oro obtiveron un segundo e un terceiro posto. Na categoría feminina, Patricia Varela foi a campioa da xornada e o segundo e terceiro premios foron para E. Vanesa Blanco e Tamara García. En canto aos atletas locais premiados nesta categoría foron Daniel Rodríguez e Andrea Elizabeth Saavedra. O premio ao mellor equipo foipara o Atletismo Deza.


Na carreira de 5k, na categoría masculina Julio Novoa logrou o primeiro posto, mentres que

Efrén Capelo e Iván Abeledo foron o segundo e o terceiro da cita. Na feminina, a gran vitoria esperada da Carreira do Cocido, a da atleta galega Julia Vaquero. A deportista dera a saída hai 20 anos a unha das carreiras que se organizan no Concello de Lalín, e decidiu volver na 12ª edición da Carreira do Cocido, pero desta vez co obxectivo de subirse ao podio e así a logrou. Ararat Pazos foi a segunda premiada e Raquel Castro a terceira. Os atletas locais que subiron ao podio foron Roberto Roqueiro e Bárbara Sánchez, e o premio ao mellor equipo recaeu no Atletismo Arenteiro.


Nas categorías de menores, na sub 10 os premiados foron: Hugo Cordal, Nicolás Amado e

Martiño Mato, en masculino, e Alba Solla, Sofía Corrales e Icia Penas. Na sub12 foron Josep Bastos, Carlos Riveiro e Mateo Santos, en masculino, e Lucía Ageitos, Daniela Bayón e Ainoa Galán. En sub 14, Adrián Rodríguez, Enrique Magariños e Mateo Crujeiras subiron ao podio na categoría masculina, mentres que en feminino as galardoadas foron: Carmen Paz, Claudia Chavez e Uxía López.


Por último, na categoría sub16 os premiados na masculina foron Iago Riveiro, Brandan Carreira e Teo Seren e na feminina Ailala García, Brétema Núñez e Sara Fernández.


Nesta cita a nomeada como socia honorífica do Club Atletismo Deza a Zaira Soto, atleta do

club, lanzadora de disco que agora debuta co Gimnástica de Pontevedra e que tamén forma parte do elenco de adestradores da Escola. É unha moza atleta que leva toda a súa vida vinculada ao club, que na actualidade colabora ensinando aos futuros atletas e que sempre está disposta a traballar por ver medrar ao club que a veu nacer.

"Agradecer aos máis de 60 voluntarios/as, ao equipo do Clube Montes do Deza e aos efectivos de Policía Local e Protección Civil que axudaron na coordinación do evento e que velaron porque non se producise ningún incidente ao longo dos diferentes traxectos. Destacar tamén a importancia dos patrocinadores a carreira, que axudaron en todo momento a que este evento seguise medrando e se puidese alcanzar un bo nivel para atraer a tantos inscritos", agradece o Club Atletismo Deza.


Cabe recalcar que durante toda a mañá, o equipo de Recycling estivo onda o Castro Tecnolóxico recollendo roupa deportiva para completar o envío que realiza a Marrocos das bicicletas. Así mesmo, antes do inicio das carreiras, desde a organización convocaron un minuto de silencio polas vítimas da guerra que está sucedendo en Ucraína.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page