top of page

Goberno local, ANPA e familias de Cruces esixen á Xunta recuperar o profesorado de Latín e Grego

25 sept
2 min de lectura

O equipo de goberno quere deixar claro que, desde o momento en que as familias trasladaron a problemática, se puxeron a traballar para buscar unha solución


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, e o seu equipo de goberno queren deixar claro que, desde o momento en que as familias trasladaron a problemática do instituro cruceño ante a falta de docentes, se puxeron a traballar para buscar unha solución. "Contactamos coa dirección do IES Marco do Camballón, coa ANPA e coas familias afectadas, escoitamos a súa situación e, xunto con elas, trasladamos á Consellería de Educación a reclamación para que se restitúa o profesorado necesario e se garanta a impartición presencial de Latín e Grego no propio centro".

Foto de arquivo dunha aula.
Foto de arquivo dunha aula.

"Non estamos simplemente ante a falta de substitución dun profesor. Estamos ante a amortización dunha praza que permitía impartir dúas materias que foran ofertadas polo centro e escollidas polo alumnado, que agora se ve obrigado a afrontar unha solución a distancia e desprazamentos a Santiago para os exames", resalta.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde o equipo de goberno entenden que antes de saír a facer declaracións, en relación ao comunicado do BNG, " hai que facer o traballo: falar coas familias, coñecer o problema, coordinarse coa comunidade educativa e buscar solucións. Non temos por costume facer pública cada chamada, cada reunión ou cada xestión que realizamos. Porque falar é fácil, o importante é o traballo que hai detrás". "Por iso sorprende que se cuestione publicamente se o equipo de goberno fixo algo sen ter preguntado previamente ao propio equipo de goberno. Se querían coñecer as xestións realizadas, podían dirixirse directamente a nós", engade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

E apuntan dende o Concello que "o alcalde, Luís Taboada, e o seu equipo de goberno deben o seu traballo ás veciñas e aos veciños de Vila de Cruces, e seguiremos traballando con esa responsabilidade, sen necesidade de converter cada actuación nun titular. A decisión da Xunta foi unha sorpresa para todos e non a compartimos. As familias e

a ANPA saben perfectamente que teñen ao equipo de goberno ao seu lado para o que faga falta, porque esta reclamación foi traballada e asinada conxuntamente por todas as partes. Seguiremos ao seu carón, facendo todo o que estea na nosa man para defender que o alumnado poida estudar en igualdade de condicións e no seu propio centro", conclúe.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page