Gandeiros e gandeiras galegas solicita información da xestión actual dos lodos de depuradora en Galicia
- ecosdacomarca

- 2 ago 2025
- 2 min de lectura
A asociación enviou un escrito á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Ecos da Comarca/Deza
"Tras a catastrófica declaración de zonas vulnerables pasando por a sentencia histórica da Limia e a situación de alta volatilidade do Deza " a asociación Gandeiras e Gandeiros Galegos solicita información de primeira man sobre a xestión dos lodos. O colectivo enviou un escrito á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
"Solicito información detallada e documentada sobre a xestión dos lodos de depuradora xerados nas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) de Galicia. O interese nesta información xorde da preocupación pola adecuada xestión destes residuos, o seu impacto ambiental e na saúde pública, así como a necesidade de garantir a transparencia
nos procesos relacionados coa súa valorización ou eliminación", reza o escrito enviado.

Ademais, a través do mesmo, demada que se lle proporcione a seguinte documentación e información, "que se considera de relevancia e debería estar dispoñible e documentada":
● 1. Datos Xerais de Xeración de Lodos:
○ Volume total de lodos xerados anualmente en Galicia (expresado en toneladas de materia seca e/ou húmida), desglosado por provincias e, se fose posible, por grandes núcleos de poboación ou EDAR principais.
○ Evolución da xeración de lodos nos últimos 5-10 anos.
Publicidade
● 2. Xestión e Tratamento de Lodos:
○ Tipoloxía de tratamento: Información sobre os tipos de tratamento aos que son sometidos os lodos (espesamento, dixestión anaerobia/aerobia, deshidratación, etc.) antes da súa xestión final.
○ Destino final dos lodos:
■ Porcentaxe de lodos destinados a uso agrícola (fertilización).
■ Porcentaxe de lodos destinados a compostaxe.
■ Porcentaxe de lodos destinados a incineración ou coincineración.
■ Porcentaxe de lodos destinados a depósito en vertedoiro (se aplica).
■ Outros destinos finais relevantes.
○ Empresas xestoras: Relación das empresas autorizadas para a xestión e tratamento dos lodos de depuradora en Galicia, indicando a súa área de actuación ou as EDAR coas que traballan.
Publicidade
● 3. Control e Monitorización:
○ Análises e caracterización: Frecuencia e tipo de análises realizadas aos lodos antes da súa xestión final (metais pesados, patóxenos, contaminantes emerxentes, etc.).
Solicito acceso aos últimos informes de caracterización dispoñibles.
○ Programas de vixilancia: Existencia de programas de vixilancia específicos para o control da aplicación de lodos en terreos agrícolas e os seus potenciais impactos.
○ Incidencias e sancións: Rexistro de incidencias, reclamacións ou sancións relacionadas
coa xestión de lodos nos últimos anos.
● 4. Marco Normativo e Planificación:
○ Referencia á normativa galega e estatal aplicable á xestión de lodos de depuradora na
codixestión con xurros en plantas de Biogás e a o uso dos dixestatos .
○ Cales son os plans ou estratexias específicas para a xestión sostible de lodos en
Galicia a medio e longo prazo.








Comentarios