Será en horario de mañá e de tarde e as degustacións son gratuítas
Ecos da Comarca/Monterroso
A iniciativa Galicia Sabe a mar segue recorrendo os distintos concellos. Trátase dunha campaña da Xunta de Galicia que nace para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo. E nas comarcas xa estiveron varias veces.
Por exemplo, o pasado domingo estivo no Pino, coincidindo coa celebración da Feira do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar. Neste caso, o domingo 11 de agosto desprazarase a Monterroso.
Publicidade
En cada parada os visitantes poden degustar algún dos 10 petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra, tal e como explica o Concello de Monterroso.
Publicidade
A foodtruck de Galicia Sabe a Mar vaise instalar o domingo na Praza do Templete en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde (de 17 a 20 horas). As degustacións son gratuítas.
Comments