top of page

Forte saraibada no Alto de Santo Domingo e no Alto do Faro e un raio provoca un incendio en Dozón

Ecos da Comarca/Deza

A comarca de Deza viviu hoxe unha xornada marcada pola inestabilidade meteorolóxica, con especial intensidade nas zonas altas. Unha forte saraibada sorprendeu aos veciños e condutores que circulaban tanto no Alto de Santo Domingo, en Dozón, como no Alto do Faro, en Rodeiro, deixando imaxes pouco habituais nesta época.

Autopista entre Dozón e Piñor esta tarde.
Autopista entre Dozón e Piñor esta tarde.

A caída de saraiba foi especialmente intensa durante varios minutos, cubrindo camiños e superficies cun manto branco e dificultando a circulación nalgunhas vías da contorna. Testemuñas da zona destacan a rapidez coa que se formou a treboada e a forza do fenómeno.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Ademais, tal e como todo apunta e nos sinalou unha veciña do lugar, un raio provocou, un incendio forestal sobre as 20 horas na zona da Gouxa, tamén no municipio de Dozón. Segundo as primeiras informacións, un raio impactou nunha área de monte, iniciando un lume que obrigou á intervención dos servizos de extinción. Ata o lugar desprazáronse ao menos unha motobomba e unha brigada, tal e como nos informa esta veciña.

O lume na Gouxa (Dozón) e todo apunta a que a causa foi un raio.
O lume na Gouxa (Dozón) e todo apunta a que a causa foi un raio.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O Tempo da TVG tamén se fixo eco desta situación:

Ademais, o 112 Galicia informou que xestionou unha decena de incidencias relacionadas coa chuvia en Ourense, A Rúa e O Carballiño.


As tormentas deixaron notar os seus efectos a primeira hora desta tarde, concentrando dez incidentes nos concellos do Carballiño, A Rúa e Ourense entre as 17 e as 19 horas.


No concello do Carballiño, no que se rexistraron cinco incidencias relacionadas con rúas e garaxes anegados. En Ourense contabilizáronse dúas, e na Rúa, tres. Aquí, o desbordamento dun regato no Camiño da Pitarela, na parroquia da Rúa de Valdeorras, afectou aos baixos de dous vivendas. Neste operativo colaboraron os Bombeiros e o GES de Valdeorras, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da Rúa.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page