top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Forno valora moi positivamente o preacordo logrado entre PSOE e BNG que contempla rebaixas na AP-53

Ecos da Comarca/Lalín

A secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Lalín, Alba Forno, valorou moi positivamente o preacordo alcanzado entre PSOE e BNG, que contempla rebaixas na AP-53. Forno considera este principio de acordo “moi bo para os intereses de Lalín, e unha nova mostra de que o Goberno de Pedro Sánchez é o Goberno máis comprometido da historia con Galicia e co noso concello”.


“Como levamos tempo anticipando”, sinala, “vai ser un goberno socialista o que rebaixe os prezos dunha autoestrada construida polo PP coas súas peaxes abusivas. Coma sempre, teremos que ser os socialistas os que poñamnos solución ás desfeitas históricas do PP neste país”, engadiu.

Publicidade

Alba Forno mostrouse confiada en que “Crespo, despois de todo o ruido que fixo con este tema en campaña, tamén valorará positivamente esta medida e fará pública a súa satisfacción, a pesar de que nada teña que ver coa súa xestión, que foi fume”. Así, lembrou que ao alcalde “non lle acordou o tema das peaxes mentres presidía a comisión de Fomento no Senado con Rajoy, pero con Pedro Sánchez utilizou esta cuestión como arma electoral, demostrando coma sempre, que antepón os intereses do partido aos da veciñanza”, explicou.


Alba Forno tamén destaca o papel do candidato socialista á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, “capaz de conseguir acordos que verdadeiramente van mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas, mentres Alfonso Rueda se dedica a enlamar e a buscar o voto convidando a tomar cañas”.


Publicidade

Finalmente, Forno remarcou o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez con Lalín fronte un PP estatal que votou en contra da metade da poboación lalinense “pois opúxose á subida das pensións a 5.000 veciños e veciñas, ás axudas a centos de gandeiros para paliar a suba de prezos, á subida do salario mínimo, ou a dereitos sociais que perciben moitos lalinenses como o Ingreso Mínimo Vital ou o Bonos Social Eléctrico”.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page