Forno: “Non podemos normalizar que cada ano as familias queden sen praza nas garderías de Lalín”
- ecosdacomarca

- hace 36 minutos
- 1 Min. de lectura
“Se queremos fixar poboación e apoiar ás familias, temos que garantir servizos
básicos como a conciliación”, recalca
Ecos da Comarca/Lalín
O PSdeG-PSOE de Lalín volve reclamar unha ampliación do número de prazas de escola infantil despois de coñecerse que unha vintena de bebés están en lista de agarda nas dúas escolas públicas da vila. A voceira socialista, Alba Forno, insistiu en que esta non é unha cuestión puntual, senón unha realidade que se repite curso tras curso e que non podemos normalizar”.

Publicidade
A socialista lembrou que o seu grupo xa levou varias veces ao pleno a necesidade de ampliar a oferta e mesmo defendeu a proposta socialista dunha escola infantil municipal para complementar a rede autonómica. “Se queremos fixar poboación e apoiar ás familias, temos que garantir servizos básicos como a conciliación. Non pode ser que haxa pais e nais levando os seus fillos a outros concellos porque en Lalín non atopan praza”, subliñou
PUBLICIDADE
Forno tamén cuestionou o discurso triunfalista arredor da gratuidade “porque de nada serve dicir que as garderías son gratis se non hai sitio. Os dereitos non poden depender da sorte”, dixo. Doutra banda, Forno valorou positivamente no Concello se empece a falar de ampliación e se encargue a redacción dun proxecto pero advertiu de que “as familias precisan prazas, non papeis”. “Levamos anos reclamando máis prazas. Se agora se move ficha, benvido sexa. Pero o que precisamos é investimento, prazos e compromiso por parte da Xunta”, sinalou.








Comentarios