top of page

Forno esixe a reapertura do parque canino de Lalín e mostra o seu apoio aos donos das mascotas

19 ago 2023
2 min de lectura

Anuncia que “de non rectificarse esta medida, levaremos a situación ao Pleno e iniciaremos novas accións de presión ao goberno do PP"


Ecos da Comarca/Lalín

A voceira municipal do PSdeG-PSOE de Lalín, Alba Forno, esixe a reapertura inmediata do parque canino situado nas proximidades da estación de autobuses e traslada o malestar de ducias de usuarios donos de mascotas afectados por un peche que considera “inmoral e inxustificable”. A socialista visitou o espazo xunto co concelleiro, Mario López, sinalando que a instalación permanece cerrada desde hai máis dun mes “cando o goberno de Crespo, con nocturnidade e sen dar ningún tipo de explicación, decidiu poñer un candado na porta e quitarlle este servizo á veciñanza”.

Así, Forno anuncia que “de non rectificarse esta medida, levaremos a situación ao Pleno e iniciaremos novas accións de presión ao goberno do PP”. A socialista lamentou a “utilización política e demagóxica que o PP fixo deste parque antepoñendo sempre os intereses partidistas aos dos cidadáns”.

Sinala que se trata dunha “infraestrutura con moito uso que o PP pecha por puro rancor e por pagarlle o favor a unha ducia de veciños que na precampaña de 2019 protestaban polo parque e despois acabaron indo na lista electoral de Crespo”. Para o PSOE tamén é inxustificable “pechar un parque que custou máis de 12.000 euros no seu momento para despilfarrar máis de 20.500 nun novo que é máis pequeno e permanece nunhas pésimas condicións”.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nesta liña, Alba Forno acusou a Crespo de “cinismo” e de “facer o ridículo tomando por parvos aos veciños, xa que xustificou o traslado asegurando que o parque da estación de autobuses, con 1.000 metros cadrados non chegaba e que se precisaba outro máis grande, pero despois un máis pequeno, de 800 metros cadrados”.


Ademais, explica que a ubicación do Pontiñas “é moito peor que a actual, porque non está céntrica, a xente pola noite non se atreve a ir e as persoas que baixan coas súas mascotas a un espazo verde como o Pontiñas non van coa intención de meter o seu can nun parque, senón que normalmente van coa intención de pasear e darlle un paseo”.


Forno insiste en que o PP fai “unha utilización perversa dunha instalación que no seu día se puxo en marcha por iniciativa socialista para dar resposta a unha demanda social” e acusa ao goberno de Crespo de ter “nula sensibilidade cos animais”. “Uns defendemos os animais, o seu benestar e a posta en marcha de medidas en favor dos donos das mascotas. Outros presentan mocións contra a Lei de Benestar Animal e defenden que se poida ter un can preso toda a vida, como fixo Avelino Souto no mandato anterior”.





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page