Forno: “En 2026 a pensión media en Lalín superará por 1ª vez os 1.000 € grazas ao Goberno de Sánchez”
- ecosdacomarca

- 30 dic 2025
- 2 Min. de lectura
Sinala que apensión media contributiva subirá un 2,8 % e medra case 280 euros ao
mes desde 2018
Ecos da Comarca/Lalín
A secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Lalín, Alba Forno, destacou este luns que a revalorización das pensións prevista para 2026 permitirá que a pensión media contributiva no municipio supere por primeira vez os 1.000 euros e se sitúe en 1.015 euros mensuais, tras aplicarse unha subida do 2,8 % conforme ao IPC. Forno lembrou que cando Pedro Sánchez chegou á presidencia do Goberno en 2018, a pensión media en Lalín era de 737 euros, polo que o incremento acumulado ata 2026 será de 278,66 euros ao mes, máis de 3.300 euros ao ano por pensionista. “Estes datos demostran que os pensionistas de Lalín gañan co Goberno socialista e manteñen o seu poder adquisitivo fronte á inflación”, subliñou.

A voceira socialista explicou que esta nova revalorización suporá unha suba media de case 28 euros ao mes, arredor de 332 euros ao ano, o que se traducirá nun impacto económico de preto de 2 millóns de euros adicionais en Lalín ao longo de 2026, beneficiando tanto ás persoas maiores como á economía local.
Publicidade
Forno destacou tamén que o compromiso do Goberno vai máis alá das pensións contributivas. “En Lalín hai arredor de 400 persoas con pensións non contributivas, que
verán incrementada a súa prestación nun 9 %, unha subida moi superior ao IPC que demostra unha aposta clara pola xustiza social e pola protección das persoas máis
vulnerables”.
A socialista contrapuxo estes datos co modelo do PP: “Se seguise vixente a fórmula do
0,25 % anual aprobada por Rajoy, hoxe a pensión media en Lalín estaría estancada
arredor dos 740 euros. A diferenza entre modelos é evidente: co PSOE, dignidade; co PP,
perda de poder adquisitivo”.
Publicidade
“Defender as pensións públicas é defender a cohesión social e a dignidade das persoas maiores. Ese é o modelo do Goberno de Pedro Sánchez e o que queremos para Lalín”,
concluíu Alba Forno.








Comentarios