top of page

Forno denuncia “opacidade e falta de transparencia” de Crespo coa polémica do Parking Europa

A socialista lalinense sinala que “seguen sen explicar en base a que ordenanza están cobrando 30 euros por un mando de acceso”


Ecos da Comarca/Lalín

A voceira municipal socialista, Alba Forno, denunciou onte a “falta de transparencia e a opacidade” do goberno de José Crespo tras recibir resposta á solicitude de acceso á documentación relacionada coa polémica reorganización do Parking Europa.

 

Forno lembra que o pasado 27 de abril solicitou acceso aos expedientes, actas e documentación da reunión mantida cos abonados do aparcadoiro, incluíndo o acordo polo que se lles impón o pago adicional de 30 euros por un mando de acceso á planta superior. Porén, o Concello non permitirá consultar esa documentación ata o próximo 6 de xullo.

 

“Estamos falando dunha reunión celebrada hai semanas e dunha documentación que debería estar perfectamente redactada e dispoñible. Que teñen que ocultar para atrasar o acceso máis de dous meses?”, preguntou a voceira socialista, que acusou directamente ao goberno local e aos concelleiros Pablo Areán e Karen Fernández de “obstaculizar o acceso á información”.

 

Neste sentido, advertiu de que “cada vez hai máis queixas e máis sensación de descontrol”, asegurando que incluso existen casos de persoas ás que se lles comunicou unha praza no sorteo e que, días despois, no Concello, se lles asignou outra diferente. “Hai demasiadas cousas estrañas e demasiadas preguntas sen responder”, afirmou.

  PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Forno insistiu ademais en que o cobro de 30 euros polo mando de acceso “é irregular”, xa que “non aparece recollido en ningunha ordenanza municipal”. “Non se pode obrigar aos abonados a asumir un pago que non está regulado”, advertiu.

 

A voceira socialista tamén puxo o foco no malestar das persoas usuarias pola nova organización do aparcadoiro. “Hai abonados que aseguran non sentirse seguros tendo que acceder agora por unha rueiro escuero e por unha zona degradada para chegar á planta superior”, explicou.

  PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ao mesmo tempo, insistiu en que o novo modelo de gratuidade total “está facendo que o parking perda completamente a súa función de rotación para favorecer o comercio local”. “A planta inferior está chea durante horas e acumúlanse coches durante días permanentemente estacionados sen ningún tipo de control, o que impide a rotación”, sinalou.

 

“Foron tocar un modelo que funcionaba perfectamente e acabaron converténdoo nun problema para todo o mundo”, concluíu Forno, que acusou ao goberno do PP de “xerar caos, malestar e inseguridade por pura improvisación e sectarismo político”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page